16 de out. de 2019

MADRID

O DELEGADO DA XUNTA, JOSÉ RAMÓN ÓNEGA, DEU A BENVIDA Á PROFESORA E OS ALUMNOS DO CURSO “LINGUA E CULTURA GALEGAS”

Comezou hoxe na Casa de Galicia, onde se impartirá ata o mes de xuño  
 

O delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida á profesora e os alumnos do curso “Lingua e cultura galegas”
Foto: Casa de Galicia

Infogauda /  Madrid

 O delegado da Xunta de Galicia e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, deu a benvida á profesora e os alumnos do curso “Lingua e cultura galegas”, que se iniciou hoxe nas instalacións de Casa grazas ao acordo de colaboración asinado entre a Consellería de Cultura e Turismo (Secretaría Xeral de Política Lingüística) e a Secretaría Xeral da Presidencia para "a realización de actividades de formación en lingua galega na Casa de Galicia en Madrid".  

 “Retomamos hoxe os cursos de galego que tanto prestixio tiveron en edicións anteriores e que por avatares administrativos interrompéronse temporalmente”, sinalou Ónega, confiado en que “esta nova convocatoria supere a aceptación inicial das anteriores da man da profesora Paula Cousillas”. O delegado lembrou que “o idioma galego ha pasado por distintas visicitudes socio-políticas” ao longo da historia, que foron “desde a súa aceptación máis ou menos parcial no século XIX á súa negación durante a ditadura e posterior restauración na democracia”. “Hoxe asistimos, afortunadamente, ao seu florecemento e expansión, e proba diso é este curso que hoxe iniciamos”, valorou.  

 Resaltou Ónega que “moi importantes e destacadas páxinas da literatura hispana están escritas en galego sendo inesquecibles non só as que se escribiron neste país senón tamén no exterior, dado que a emigración galega alcanzou cotas moi elevadas, entre outros lugares, ao continente americano, singularmente aos países de América do Sur”. Afirmou, por outra banda, que “o galego é a lingua máis doce e musical de cantas fálanse no planeta” e que “onde a lingua galaica alcanzou a súa máis alta expresividade é na linguaxe escrita e, en particular, na poesía”, convidando a comprobalo lendo “a Rosalía de Castro, a Curros Enríquez e o longo etcétera de autores galegos que escribiron na lingua de Rosalía”. “Díxose certeramente que o galego é a lingua na que ´os anxos lle falan aos nenos´. Pola súa dozura, a súa expresividade, a súa cadencia”, engadiu.  

 Ónega mantivo así mesmo que o idioma galego “agora é un fito importante non só para a comunicación social senón para o movemento económico, empresarial, financeiro e político” e que se acha “en pleno desenvolvemento”. O delegado da Xunta finalizou a súa intervención desexando aos alumnos do curso un bo aproveitamento do mesmo e agradecendo á Secretaría Xeral de Política Lingüística e á Secretaría Xeral da Presidencia que o fixeran posible.  

 O curso ten 70 horas lectivas que se impartirán os mércores laborables, de outubro a xuño. O seu obxectivo é o ensino e perfeccionamento do idioma galego e tamén a transmisión de coñecementos básicos de historia, arte, literatura e cuestións de sociolingüística no ámbito galego, coa finalidade de achegar habilidades comunicativas na lingua galega, tanto na expresión e comprensión oral como escrita, cun nivel de competencia que permita satisfacer as necesidades de comunicación máis elementais. Os obxectivos e as unidades didácticas da programación para este nivel (A2) seguen as directrices do "Marco común europeo de referencia para as linguas".

Ningún comentario:

Publicar un comentario