22 de out. de 2019

A GUARDA

Feira de Emprego «Ecoimaxín»


A sustentabilidade é o tema principal das xornadas


Infogauda / A Guarda

 Dende este xoves día 24 de outubro, a Casa dos Alonso, na Praza do Reló, nº 1, de A Guarda, acollerá a Feira de Emprego «Ecoimaxín», que este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre todas as novidades e as súas experiencias no mundo empresarial, amosando a todos os asistentes informacións relevantes para a posta en marcha de proxectos empresariais. 

 A Feira do Emprego e Formación chega un ano máis á Guarda para desenvolver unha ampla programación de actividades ao longo de 3 días, un evento dirixido a estimular o talento e crear cultura emprendedora na comarca do Baixo Miño, baixo o concepto de sustentabilidade como elemento dinamizador socioeconómico e xerador de oportunidades de emprego. Os participantes terán a oportunidade de asistir a obradoiros formativos en contacto directo con empresas sustentables. 

 O programa da Feira do Emprego e Formación «Ecoimaxín» terá inicio na xornada do xoves 24 ás 9:30h, cun acto inaugural no que se contará coa asistencia do alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz; a concelleira de Formación, Fátima Rodríguez Marcos; o delegado da Zona Franca de Vigo, David Regades Fernández e demais convidados.  

 Nas xornadas do xoves 24 e do venres 25 terán lugar dúas cápsulas formativas a cargo de Sandra Fernández Prado, consultora e auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial) sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sostible». Sandra Fernández é especialista de Desarrollo de RSE en pymes, cunha experiencia de máis de 3 años en asistencia técnica a programas da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.  

 A segunda cápsula formativa será a cargo de Sandra Touza, xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial). sobre «Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local», ámbalas cápsulas, os dous días en horario de 10:00h a 12:00h. Sandra Touza defínese coma unha muller emprendedora incansable de espírito libre, e forte. Caracterizase pola súa transparencia, gañas de mellorar cada día ante os obstáculos con perseverancia e positividade.

 O xoves 24 entre as 12:30h e as 14:00h realizarase unha ponencia aberta a todo o público sobre a «Responsabilidade Social nunha gran empresa», Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais), a cargo de Verónica Santiago Corral, responsables do Departamento PRL, Calidade e Medio Ambiente.  

 O venres 25 entre as 12:30h e as 14:00h realizarase unha ponencia aberta a todo o público sobre «Porque non hai un planeta B», marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación en toctocmedia. Javier Varela traballa en multitude de proxectos de marketing e marketing en liña tanto para importantes marcas e  empresas privadas, coma para institucións públicas, é profesor colaborador na Escola de Negocios IESIDE e na Escola de Organización Industrial EOI.  

 Para pechar esta edición da  Feira do Emprego e Formación, a xornada do sábado día 26 de outubro estará adicada a unha Feira de Empresas, que terá lugar de 10:00h a 14:00h e na que se presentará o portal de Emprego de A Guarda e de 12:00 - 13:00 horas presentaranse empresas eco da contorna. 

 Esta Feira do Emprego e Formación aspira a converterse nunha cita ineludible para todas aquelas persoas interesadas en coñecer máis sobre as novas tecnoloxías, a formación continua e emprego, novas vías de negocio, entre outras novidades do sector empresarial.  

 As cápsulas formativas do xoves e do venres en horario de mañá. requiren inscrición previa.

 Máis información e inscricións na OMIX da Guarda, no teléfono 986 610 000 ext.7 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

PROGRAMA ECOIMAXÍN – CONCELLO DA GUARDA

XOVES 24 OUTUBRO



9:30h Presentación e apertura das xornadas

10:00h-12:00h Cápsulas formativas:

· Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, consultora e auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial).

· Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, Xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).

12:00-12:30 Descanso

12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público

· Responsabilidade Social nunha gran empresa: Teiga TMI (Servizos Electromecánicos Industriais), a cargo de Verónica Santiago Corral, responsables do Departamento PRL, Calidade e Medio Ambiente.





VENRES 25 OUTUBRO



10:00h-12:00h Cápsulas formativas:

· Novos perfís profesionais para un mundo sostible, a cargo de Sandra Fernández Prado, consultora e auditora interna en sistemas integrados de xestión (calidade, medio ambiente, prevención riscos laborais e responsabilidade social empresarial).

· Turismo Sostible, impacto no desenvolvemento local, a cargo de Sandra Touza, xerente de «Ponle cara al turismo» e CEO de imalocal.es (consultoría, plans estratéxicos, dinamización territorial, promoción turística e formación en turismo creativo, comunitario e industrial).

12:00-12:30 Descanso

12:30-14:00 Charlas/Ponencias abertas ao público

· Porque non hai un planeta B, marketing sustentable, a cargo de Javier Varela, consultor de marketing, estratexia e comunicación en toctocmedia.



SÁBADO 26 DE OUTUBRO



10:00h-14:00h Feira de Empresas

Presentación do portal de Emprego da Guarda a cargo dos responsables municipais do programa www.empregonarede.gal

12:00- 13:00 horas presentación empresas eco da contorna: Albergue O Peirao, Proxecto Xe-Mente, O Eixido dos Tendeiros, Biosenza e máis por confirmar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario