O Concello celebrará o Samaín
Con actividades para os máis pequenos
O vindeiro xoves día 31 de outubro desde ás 17:30 horas, na Praza do Reló
Infogauda / A Guarda
O vindeiro xoves día 31 de outubro ás 17:30 horas, a Praza do Reló acollerá as actividades da programación do Samaín 2019, organizadas dende o departamento de Cultura do Concello de A Guarda.
Nesta edición as actividades arrancarán cun obradoiro de pinta caras para os máis pequenos.
De seguido ás 18:30 horas terá lugar o espectáculo ¿Quen dixo medo? a cargo da compañía Barafunda Teatro. Trátase dun terrorífico e divertido show clown que combina xogos infantís, baile e moita animación para tódolos públicos.
Xa para rematar esta xornada festiva ás 19:30 horas terá lugar o Guateque de Samaín con música a cargo de DJ Guille, e o mago Cayetano Lledó acompañará a todos nesta xornada festiva.
PROGRAMA:
17:30h – Pintacaras
18:30h – Animación Clown ¿Quen dixo medo?
19:30h – Guateque de Samaín: DJ Guille e Cayetano Lledó
O recinto estará decorado polo alumnado dos centros de Ensino da localidade e haberá lambetadas, fotomatón e moitas sorpresas para todos e todas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario