CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN A DOTACIÓN DE URINARIOS PÚBLICOS FIXOS
EN ESPAZOS EXTRATÉXICOS E DE GRAN AFLUENZA
Infogauda / A Guarda
Que A Guarda está infradotada de urinarios públicos é unha realidade que vénse constatando desde fai décadas. E tamén hai que decilo, contrasta con moitas localidades alén Miño, onde dispoñen dese tipo de servizos, abertos ao público ao longo de todo o ano, xeralmente en condicions aceptables de limpeza, e sobor de todo, gratuítos tanto para os veciños como para os visitantes. Esa dispoñibilidade e accesibilidade a uns aseos públicos dignos é un feito que o visitante agradece e valora moi positivamente.
A Guarda, como localidade comercial e turística, non debera demorar a dotación de aseos públicos permanentes naqueles lugares de afluenza de persoas, como por exemplo, a Alameda da vila - onde xa deberían haberse previsto no proxecto e instalado, con ocasión das obras de remodelación dese recinto público - e nas inmediacións do porto - por exemplo na zoa da Fontiña -, entre outros posibles emprazamentos.
Consideramos que non basta con dispór do recoñecemento institucional de Concello de Interese Turístico, é necesario corresponder tanto cos veciños como con quen nos visita.
Para tentar solventar esa notoria carencia, o concelleiro portavoz de Converxencia Galega, Celso Rodríguez Fariñas, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte proposta:
EN ESPAZOS EXTRATÉXICOS E DE GRAN AFLUENZA
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Foto: Infogauda

Quen abaixo suscribe, Celso R. Fariñas, concelleiro-Portavoz do Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, o Aveiro da lexislación vixente, ven a presentar o próximo pleno Ordinario Municipal para o séu debate e aprobación, se procede a seguinte moción:
URINARIOS PÚBLICOS FIXOS EN ESPAZOS EXTRATÉXICOS E DE GRAN AFLUENCIA
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Dacordo cos plans de modernización sinalados polo Goberno Municipal e o incremento da importancia turística nacional e internacional, así como una atención especial as persoas maiores, embarazadas e poboación infantil, etc., quixéramos poder dar unas prestacións tanto a veciñanza como a visitantes co obxetivo de ser sensibel as demandas sociais.
O noso pobo non dispón de aseos en espazos públicos, a veces se instalan co gallo de festas e eventos especiais. A ausencia dos mesmos, ten ocasionado que distintos rincos do nos pobo se convirtan en improvisados mexadeiros públicos, cas consecuencias de suciedade e malos cheiros.
É unha realidade, ainda da gran poboación infantil e xuvenil que temos, que vai en incremento a poboación envellecida, que maioritariamente, son quenes acuden a parques e outros espazos para pasear e entreter os netos dados que séus proxenitores están traballando, polo que en non poucas ocasións teñen que recurrir os negocios de hostelería para aplacar as súas necesidades fisiolóxicas e dos descendientes.
É unha necesidade urxente este tipo de instalación na búsqueda dunha maior hixiene e como demostración dunha vila con imaxe moderna.
Asimesmo é de resaltar a suxerencia de que eses aseos públicos sexan instalacións fixas e que a súa ubicación como mobiliario público teña en conta a integración no entorno.
Por todo isto dende CONVERXENCIA GALEGA, propoñemos os seguintes:
ACORDOS:
Instalación de urinarios públicos fixos en zonas estratéxicas da localidade por una maior e mellor hixiene, e fundamentalmente unha mellor atención os usuarios deses espazos, tendo en conta a integración do entorno.
A Guarda, a 30 de setembro do 2019
Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA
Ningún comentario:
Publicar un comentario