3 de out. de 2019

A GUARDA

O GES conta con novo material

Para a loita contra a vespa velutina  
 
No centro da imaxe, Anxo Lois Baz Vicente, tenente alcalde do Concello de A Guarda, xunto con dous membros do Grupo de Ermerxencias Supramunicipal (GES), de A Guarda
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda


 O Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A  Guarda ven de recibir, por parte de Medio Rural da Xunta de Galicia, novos equipamentos para a loita contra a vespa velutina.  

 O concelleiro delegado de Emerxencias, José Miguel Fernández Lomba, manifestou que “deste xeito renóvase o equipamento do que xa dispoñía o GES da Guarda, garantindo a seguridade do persoal, cuns equipos de traballo axeitados e eficaces para este tipo de incidencias”.   

 O tenente-alcalde da Guarda, Anxo Lois Baz Vicente, realizou este martes a entrega do novo material na base do GES de A Guarda, na Sangriña, e adiantou que tralas xestións feitas nos últimos meses que deron lugar a entrega da moto acuática e a deste equipamento, está a espera da renovación do parque móbil cun novo camión de bombeiros, que se fará efectiva nas próximas semanas. 

 Compre salientar que o GES de A Guarda, dende o programa control velutina, a través do 012, leva xestionado aproximadamente un total de 370 incidencias dende o 11/06/2016 ao 11/09/2019.

Ningún comentario:

Publicar un comentario