31 de out. de 2019

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue estará instalada na vila

O venres 8 de novembro de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada diante do Centro Cultural
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na vila o venres día 8 de novembro.  

 Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres 8 de novembro, de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia, intenta facilitar o solidario xesto de doar sangue a todos os cidadás. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario