14 de set. de 2019

O ROSAL

PRETO DE 200 ESCOLARES DE PRIMARIA DO CPI MANUEL SUÁREZ, PARTICIPARON NUN CONCERTO DIDÁCTICO

Realizado na mañá de onte pola Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal 

Preto de 200 alumnos de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier participaron no concerto didáctico


Informa (fotografía de redacción): Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Preto de 200 alumnos de primaria do CPI Manuel Suárez Marquier participaron no concerto didáctico realizado na mañá de onte pola Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal na biblioteca do centro. 

 Co fin de promocionar a nosa escola de música e para facer máis levadío o inicio do curso destes escolares, o grupo formado por 8 profesores e músicos da agrupación, da man do novo director da banda Javier Alonso, fixeron pasar un rato moi divertido a todos os nenos e nenas. A través de historias, ritmos e cancións coñecidas por todos eles foron coñecendo distintos instrumentos de vento madeira, vento metal e corda, como o fagot, trompa, trombón, bombardino, tuba, violoncello e contrabaixo. 

 Unha experiencia moi gratificante que seguro que se volverá a repetir no futuro, agradecendo dende a nosa asociación a colaboración prestada pola dirección e profesorado do Colexio da "Mata".

Ningún comentario:

Publicar un comentario