CURSO GRATUÍTO DE “ECONOMÍA FAMILIAR”
O
inicio será este mes de setembro en horario de 09:00 a 14:00 h, unha
mañá por semana en cada Concello, e impartirase nos Concellos de A
Guarda e Tomiño
Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda
Convocamos un Curso de Economía Familiar enmarcado dentro do Programa de Formación e Inserción Social e Laboral da Asociación Érguete Baixo Miño cunha duración de 80 horas (60 presenciais + asesoramento e titorías individualizadas). O inicio será este mes de setembro en horario de 09:00 a 14:00 h, unha mañá por semana en cada Concello, e impartirase nos Concellos de A Guarda e Tomiño.
As prazas son limitadas a 10 participantes e o curso é totalmente gratuíto.
Os obxectivos e contidos que desenvolveremos axudarán ao alumnado a:
-Organizar as contas domésticas e distribuír mellor o seu presuposto
-Acadar un mellor control de gastos/ eliminar gastos superfluos
-Aprender como levar unha organización do fogar máis efectiva e saudable aforrando cartos
Esta actividade está subvencionada pola Consellería de Política Social, o Fondo Social Europeo 2014/2020 e polas cotas dos/as socios/as da Asociación.
Solicita máis información na Rúa Colón, 20 (Edificio O Pescador 1º andar) de A Guarda (Pontevedra), no teléfono 986 614 407- 640 086 376 ou no e-mail info@erguete.org


Ningún comentario:
Publicar un comentario