PREVISIÓN PARA O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO DE 2019
NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA
Mércores, 2 de outubro
19:30 horas
A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación da novela "HABLA MARIO", de José de Cora, editada por Edhasa, na que o escritor e xornalista lucense, do mesmo xeito que no seu día fixese Delibes, adéntrase nos asuntos eternos do ser humano: a culpa, a soidade, a incomunicación, o sentido da vida. Desde a máis profunda admiración a “Cinco horas con Mario”, unha das grandes obras da nosa literatura, "Habla Mario" evoca a súa propia historia para o lector do século XXI.
No acto intervirán, ademais do autor José de Cora; o conde de Fontao José Manuel Romero; así como o editor e presidente de Edhasa Daniel Fernández.
Ningún comentario:
Publicar un comentario