30 de set. de 2019

DEPORTES

Trail do Trega  

O día 24 de novembro A Guarda acollerá unha nova edición deste evento deportivo

Infogauda / A Guarda

 O vindeiro 24 de novembro A Guarda acollerá unha nova edición do Trail do Trega, un evento deportivo organizado por NOKO, co patrocinio do Concello guardés e a colaboración das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda e Camposancos, respectivamente.

 O Trail do Trega contará con opcións competitivas coma a Experience 12KM ou a Advance 18KM, e unha andaina popular de 12km. 

 A Advance 18KM terá un desnivel acumulado de 1.111 metros, mentres que a Experience 12KM terá 650 metros acumulados, con saída e chegada dende a Alameda da vila. 

 Haberá premios para as diferentes categorías.

 As inscricións xa están abertas na web www.traildotrega.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario