22 de set. de 2019

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DÚAS MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS 

NO CAMPIONATO GALEGO DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM  CELEBRADO EN DUMBRÍA

Alejandro Barreiro, foi o gañador da categoría pre-benxamín

Informa (fotografías e redacción): Rosa Fernández Carrera   

 Este domingo as augas do río Xallas na localidade de Dumbría recibiron aos máis pequenos do slálom galego para competir no Campionato Galego de Promoción. A competición caracterizouse pola baixa participación, apenas 60 deportistas das categorías pre-benxamín, benxamín, alevín e infantil. Cada deportista fixo dúas baixadas, puntuando para posición a mellor das dúas.

 O club Deportivo Miño acudiu ao evento con seis deportistas, que deron o mellor de si mesmos no ambiente de amizade e deportividade que caracteriza ao slálom. O máis pequeno do club, Alejandro Barreiro, foi o gañador da categoría pre-benxamín. 


 Javier Luch - no centro do podio - proclamouse campión galego de K1


 Javier Luch, fixo o mellor tempo da categoría  benxamín na súa segunda baixada, proclamándose campión galego de K1. Pedro Lomba rematou sétimo en K1 alevín. 

 Mateo Álvarez, tivo participación dobre, en kaiak e canoa. Fixo dúas baixadas impecables sen penalizacións en K1, rematando sétimo en K1 e oitavo en C1. O seu compañeiro de categoría, Adrián Lluch tamén tivo dobre participación, rematando sétimo en C1 e décimo en K1.  

 Na clasificación final por clubs, o Club Deportivo Miño-Teixugos, rematou en quinto lugar.  

 Dende o Club Deportivo Miño queren animar aos nenos e nenas de Tomiño a probar este deporte anotándose en slálom como actividade extraescolar. A través do slálom foméntase a actividade física, a deportividade e a amizade, e a única condición que se necesita e saber nadar, o resto, chaleco, pa, casco e barco, facilítaos o Club.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario