Cruz Vermella organiza e imparte un novo curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos
Cruz Vermella Española / A Guarda
Cruz Vermella Española en Baixo Miño convoca de novo un curso de interese sanitario, dirixido a persoas maiores de 16 anos, que estean interesados en adquirir coñecementos acerca de Primeiros Auxilios específicos en bebés e nenos.
O curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos, baremable para o SERGAS ten unha duración de 10 horas teórico – prácticas, as datas serán os días 28 e 29 de Outubro en horario de 09:00 a 14:00.
O obxectivo xeral é capacitar aos alumnos para desenvolver correctamente a súa actuación ante unha urxencia, así como facilitar a adquisición de coñecementos e un nivel adecuado de formación en canto aos contidos.
Na súa estrutura o curso inclúe os seguintes módulos:
a. O envellecemento; b. Obxectivos; c. Que é o socorrismo?;d. Pauta Xerais de actuación ante unha situación de emerxencia; e. A cadea de supervivencia; e. Conceptos; f. Reanimación cardiopulmonar básica en adultos; g. Posición Lateral de seguridade; h. Movilidade e manexo urxente das vítimas; i. Exploración Secundaria; j. Obstrución da vía aérea por corpo estraño; k. Hemorraxias; l. Queimaduras; m. Electrocución; n. Feridas; o. Traumatismos; p. Intoxicacións; q. Mordeduras e picaduras de animais; r. Urxencias médicas; s. A Caixa de primeiros auxilios; t. Prevención de accidentes.; u. Bibliografía.
A acción formativa levará a cabo na Guarda, todas as persoas interesadas poden solicitar máis información en Cruz Vermella Baixo Miño, situada na Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo ou chamando ao teléfono 986 614 609, no enderezo electrónico laguardia@cruzroja.es ou consultando a seguinte ligazón:
http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso? cod_curso=536652
O prazo de inscrición finaliza o 24/10 o número de prazas é limitado, e a realización do curso queda suxeita a que se cubra o número de prazas. O custo do curso será de 40€.

Ningún comentario:
Publicar un comentario