26 de set. de 2019

O ROSAL

#AVeciñanzaConta 

REUNIÓN COA ANPA DO CPI SUÁREZ MARQUIER  

Carlos Villanueva, concelleiro de Educación - a esq. da imaxe -, reuniuse con Mila Pérez, Anxo Vaquero e Rita Rodríguez membros da directiva ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier
Foto: C.O.R.

 Infogauda / O Rosal

 O concelleiro de Educación Carlos Villanueva reuniuse con Mila Pérez Enríquez, Anxo Vaquero e Rita Rodríguez membros da directiva ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier, nunha reunión que quere ser a primeira de moitas nas que se tratarán temas importantes tanto para as familias como para o alumnado escolarizado neste centro educativo. 

 De cara a próximos proxectos conxuntos e tendo en conta que nos vindeiros meses estarán listos os orzamentos do ano 2020, esta reunión é especialmente importante na planificación dos mesmos. 

 Desde o executivo municipal que preside á alcaldesa Ánxela Fernández salientan: "Preto de 200 familias son socias da ANPA do CPI polo que todas as iniciativas proxectadas pola asociación teñen enorme repercusión nun ámbito especialmente importante para nós como son as familias e as/os menores".

Ningún comentario:

Publicar un comentario