26 de set. de 2019

A GUARDA

Cruz Vermella organiza e imparte un novo curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos

Cruz Vermella Española / A Guarda 
 Cruz Vermella Española en Baixo Miño convoca de novo un curso de interese sanitario, dirixido a persoas maiores de 16 anos, que estean interesados en adquirir coñecementos acerca de Primeiros Auxilios específicos en bebés e nenos.      
 O curso de Primeiros Auxilios en bebés e nenos, baremable para o SERGAS ten unha duración de 10 horas teórico – prácticas, as datas serán os días 28 e 29 de Outubro en horario de 09:00 a 14:00.      
 O obxectivo xeral é capacitar aos alumnos para desenvolver correctamente a súa actuación ante unha urxencia, así como facilitar a adquisición de coñecementos e un nivel adecuado de formación en canto aos contidos.     
 Na súa estrutura o curso inclúe os seguintes módulos: 
a. O envellecemento;  b. Obxectivos;  c. Que é o socorrismo?;d. Pauta Xerais de actuación ante unha situación de emerxencia; e. A cadea de supervivencia; e. Conceptos;  f. Reanimación  cardiopulmonar básica en adultos;  g. Posición Lateral de seguridade;  h. Movilidade e manexo urxente das vítimas; i. Exploración Secundaria; j. Obstrución da vía aérea por corpo estraño;  k. Hemorraxias;  l. Queimaduras; m.  Electrocución;  n. Feridas; o. Traumatismos;  p. Intoxicacións;  q.  Mordeduras e picaduras de animais;  r. Urxencias médicas; s. A Caixa de primeiros auxilios; t. Prevención de accidentes.; u. Bibliografía.      
 A acción formativa levará a cabo na Guarda, todas as persoas interesadas poden solicitar máis información en Cruz Vermella Baixo Miño, situada na  Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº 1 baixo ou chamando ao teléfono 986 614 609, no  enderezo electrónico laguardia@cruzroja.es ou consultando a seguinte ligazón:  
http://www.cruzroja.es/principal/web/formacion/informacion-curso? cod_curso=536652     
 O prazo de inscrición finaliza o 24/10  o número de prazas é limitado, e a realización do curso queda suxeita a que se cubra o número de prazas. O custo do curso será de 40€.

Ningún comentario:

Publicar un comentario