27 de set. de 2019

A GUARDA

The Pretty Shirts actuarán na vila

O sábado 12 de outubro, ás 20:30 horas, na Praza do Reló

The Pretty Shirts Rock&Roll Band

Infogauda / A Guarda

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural pon en marcha o proxecto ‘Música e Viño no Teu Camiño’, unha iniciativa que forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia, e que busca crear puntos de encontro entre as persoas que peregrinan polo Camiño de Santiago e a poboación local dun xeito diferente e orixinal: a través de tres eventos musicais que se desenvolverán nos concellos de A Guarda, Redondela e Tui.   

 Trátase de dinamizar e ofrecer a poboación e peregrinos experiencias positivas e desestacionalizadas naqueles concellos do noso territorio polos que pasa o Camiño de Santiago.  



 Ao abeiro do programa ‘Música e Viño no Teu Camiño’, o vindeiro mes de outubro A Guarda, Redondela e Tui acollerán un concerto musical ao aire libre e totalmente gratuíto que será o eixo central dun espazo creado para fomentar as experiencias positivas arredor dos produtos do territorio, poñéndoos en valor e promocionándoos. Así, o público asistente poderá degustar viños con D. O. Rías Baixas subzona do Rosal e desfrutar da gastronomía local a prezos populares. Os eventos celebraranse nas seguintes datas:   

4 de outubro de 2019. Concerto de The Soul Jacket, na Praza da Torre de Redondela. 
   
12 de outubro de 2019. Concerto de The Pretty Shirts Rock&Roll Band, na Praza do Reló de A Guarda.  

19 de outubro de 2019. Concerto de Best Boy, na Praza de San Fernando de Tui.  

 Todos os eventos comezarán a partir das 20.30 horas e contarán coa presencia e participación confirmada das adegas Quinta de Couselo e Terras Gauda.    

Que é Eurural?  

 A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural é a entidade sen ánimo de lucro responsable da execución da Medida Leader 2014-2020 no territorio recoñecido pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia como Grupo de Desenvolvemento Rural 14 (GDR14), que abarca 13 concellos do sur da provincia de Pontevedra: Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, A Guarda, Mos, Nigrán, Oia, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, O Rosal, Tomiño e Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario