Cruz Vermella en Baixo Miño promove o éxito escolar da infancia e mocidade en dificultade social
• O proxecto de promoción do éxito escolar de nenos e nenas en dificultade social de Cruz Vermella Mocidade en Baixo Miño atendeu durante o curso 2018/2019 a 23 participantes, co apoio de 6 voluntarios e voluntarias
Cruz Vermella / A Guarda
Cruz Vermella Española está especialmente preocupada polos elevados índices de fracaso escolar, outro gran condicionante do futuro da infancia no noso país. Por iso, neste último ano reforzou a promoción do éxito escolar co apoio dos equipos de voluntariado que realizan o acompañamento educativo a través das actividades que realizamos na sede de Cruz Vermella. En concreto na Guarda e Guillarei, contamos con 2 grupos de apoio escolar no que participaron ao longo do curso 2018/2019, 23 nenos con idades entre 6 e 13 anos atendidos por un equipo de 6 voluntarios. Co obxectivo de mellorar as condicións de acceso e adherencia ao proceso escolar como a mellor maneira de fomentar o desenvolvemento social e persoal dos nenos e nenas participantes.
As actuacións do Proxecto de Promoción do Éxito Escolar de Cruz Vermella están dirixidas ao apoio e o acompañamento educativo coa infancia e as súas familias. Entre as actividades do proxecto atópanse o apoio educativo, (onde se traballan técnicas de estudo ou o seguimento académico), o lecer e a entrega de merendas,
O voluntariado comprometido é a clave do proxecto
Cada sesión, o equipo de voluntariado en Baixo Miño realiza de forma próxima e personalizada o acompañamento educativo cos nenos e nenas, entregan as merendas, e lembran, por exemplo, a importancia da hixiene persoal, aprendendo a lavarse ben as mans antes de merendar e os dentes despois da merenda, ensinan técnicas de estudo como aprender a preparar un exame ou un traballo. Ademais, despois de terminar as tarefas, gozan tamén dun espazo de xogo co que aprenden a socializarse e a comunicarse mellor cos demais.
O voluntariado é un dos principios fundamentais de Cruz Vermella que, grazas ao compromiso das persoas voluntarias, é capaz de responder os retos e necesidades sociais. Á súa vez, para as persoas voluntarias, o compromiso ten sempre recompensa.
Para máis información sobre esta actividade poden dirixirse a:
Cruz Vermella Baixo Miño
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo
A Guarda
Teléfono: 986 614 609
laguardia@cruzroja.es

Ningún comentario:
Publicar un comentario