30 de set. de 2019

A GUARDA

«A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos» 

Proxecto finalista dos II Premios Economía Azul 



Infogauda / A Guarda

 O pasado venres día 27 de setembro de 2019 foi presentada a segunda edición dos Premios da  Economía Azul promovidos dende a Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, co obxectivo de motivar a potenciais promotores para que presenten proxectos ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP). 

  Os Premios Economía Azul teñen carácter bianual e foron creados en 2017 pola Conselleria do Mar para recoñecer os proxectos destacados subvencionados ao abeiro das axudas concedidas ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro co obxectivo de promover o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020.

POSTA EN VALOR DAS SALINAS ROMANAS E RUPESTRES 

 O proxecto «A Guarda, Mar de sal. Posta en valor das salinas romanas do Seixal e Camposancos» resultou finalista dos II Premios Economía Azul na categoría de Diversificación, recoñecendo os mellores proxectos de desenvolvemento sostible nas zonas pesqueiras galegas, aprobados no marco da implantación das EDLP dos GALP. 

 O devandito proxecto - Posta en valor da Paisaxe do Sal da Guarda de época romana - que inclúe tamén ás salinas rupestres das Lagoas (Camposancos) e tamén as localizadas no litoral guardés, ten como finalidade a creación dun recurso patrimonial, social e cultural de carácter sustentable, que funcione como unha ferramenta útil para o desenvolvemento económico fundamentado nun turismo de calidade, e que sirva ao mesmo tempo como medio para o reforzo da identidade da comunidade a través da cultura mariñeira compartida.

PRINCIPAIS OBXECTIVOS DO PROXECTO: 

- Conservación do patrimonio: Posta en valor da Paixase do Sal e das salinas como ben patrimonial por medio dunha estratexia que garante o seu carácter sustentable e duradeiro  

- Busca de novas fontes de ingresos mediante a diversificación: A promoción do patrimonio salineiro pode ser un medio para abrir a industria turística cara novas vías de negocio e desenvolvemento de carácter innovador que van mais aló do turismo estacional e masificado.  

- Creación de valor engadido nas actividades e produtos locais, promovendo unha marca de calidade turística e de referencia da cultura do mar fundamentada na relevancia da explotación dos recursos salineiros na antigüedade e da ligazón da historia da vila co mar. 

Resultados concretos previstos coa implementación do proxecto:   

- Creación de emprego: o desenvolvemento turístico e a reducción da estacionalidade inciden positivamente tanto no mantemento e consolidación dos postos de traballo existentes, como na posibilidade da consecución de novas contratacións no ámbito da hostalaría e da oferta hoteleira  

- Apertura de novos negocios  

- Creación de valor engadido nas actividades e produtos locais: O proxecto promove a creación dunha marca de calidade turística 

CUSTE DO PROXECTO

 Custe total do proxecto (subvencionable + non subvencionable):  87.357,29 € 

 Custe subvencionable do proxecto (investimento público + investimento privado):  87.357,29 € 

 Total axuda pública aprobada (€):  72.496,68 €

 Reparto de axuda pública aprobada:

 FEMP (€):  61.622,18 € 
 FEMP (%):  85 
 CA (€):  10.874,50 € 
 CA (%):  15

VOTACIÓNS DOS PROXECTOS SELECCIONADOS COMO FINALISTAS

 Dende o martes 1 de outubro ábrense as votacións dos proxectos a través da web galp.xunta.gal. 

 Cada persoa poderá votar a un proxecto en cada unha das 5 categorías ata o 20 de outubro. O proxecto que reciba máis votos en cada categoría será o que resulte premiado o día 25 de outubro na gala que se celebrará no Salón de Convencións do Centro de Innovación Cultural (CINC), na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). 

 Os galardóns non teñen dotación económica, pero supoñen un recoñecemento público para os proxectos destacados.

Ningún comentario:

Publicar un comentario