ANA PONTÓN, PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, VISITARÁ O CONCELLO DO ROSAL
Este xoves 29 de agosto, ás 12:00 horas, manterá unha xuntanza coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís e membros do equipo de goberno
Ana Belén Pontón Mondelo
Portavoz nacional do Grupo Parlamentario do BNG
Foto: P. G.
Infogauda / O Rosal
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón visitará este xoves día 29 de agosto, ás 12:00 horas, o concello de O Rosal onde manterá unha xuntanza coa alcaldesa, Ánxela Fernández Callís e membros do equipo de goberno para coñecer as primeiras medidas municipais, tras conseguir o BNG a primeira maioría absoluta no concello.
A portavoz nacionalista atenderá aos medios de comunicación tras a xuntanza co equipo de goberno municipal.
Na súa visita ao concello, a portavoz do BNG tamén se reunirá con representantes das catro Comunidades de Montes e das doce Comunidades de Augas, entidades cunha grande implicación veciñal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario