20 de ago. de 2019

CAMPOSANCOS (A GUARDA)


Cruz Vermella en Baixo Miño organiza en Camposancos, un taller de aprendizaxe sobre telefonía móbil para maiores

• As actividades están dirixidas a maiores de 55 anos 

• Realizarase na Casa Cultural da Comunidade de Montes de Camposancos   


 Cruz Vermella Baixo Miño / Camposancos (A Guarda)

 O próximo 2 de setembro iniciaremos un novo taller de aprendizaxe para o correcto uso do teléfono móbil. Realizarase na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común, de Camposancos, de 10:30 a 12:00 h.  

 Hoxe en día, atopámonos con moitas persoas maiores que teñen un móbil ou que lles gustaría telo, pero non saben utilizalo adecuadamente ou teñen dúbidas no momento de realizar algunha función. Por este motivo desde Cruz Vermella en Baixo Miño organizamos unha serie de sesións de aprendizaxe do uso deste dispositivo e das novas tecnoloxías. Os obxectivos principais son achegar as novas tecnoloxías ás persoas maiores, o uso dos móbiles como medio de comunicación e a utilización de dispositivos tecnolóxicos con aplicacións sociais e sanitarias de emerxencia e urxencia (Teleasistencia).    

 Os encargados de impartilas serán un grupo de voluntarios da área de maiores e os contidos que van traballar van desde o manexo do  whatsapp, escribir mensaxes, gardar números de teléfono na axenda,..., ademais lograremos outro obxectivo de favorecer as relacións interxeracionais grazas á relación entre os formadores novos e as persoas usuarias de máis idade. 

 Estas actividades son gratuítas e están enmarcadas dentro do programa de Atención a persoas en proceso de envellecemento, financiados polo  Ministerio de Sanidad, Servicios  Sociales e Igualdad, co obxectivo principal de que as persoas maiores melloren a súa calidade de vida e relacións sociais.  

 Para máis información ou inscribirse en próximas actividades:  

Oficina de Cruz Vermella Baixo Miño 
Rúa Agustín  Nandín Lomba, nº1 Baixo 
A Guarda
Luns a venres, en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario