20 de ago. de 2019

A GUARDA

CURSO DE “RISOTERAPIA”

 Asociación Érguete Baixo Miño / A Guarda

 O xoves 5 de septembro, a Asociación Érguete Baixo Miño a través do Programa “Conectadas 2019” da Deputación de Pontevedra, comeza un novo Curso de “Risoterapia”. 

 Este curso está encamiñado a potenciar a participación e promoción das mulleres e favorecer as relacións interpersoais en igualdade. Como obxectivos do curso destacamos: 

· Coñecer as posibilidades que ofrece a risa como ferramenta de intervención lúdica e terapeútica. 
   
· Traballar as emocións.

· Mellorar o estado físico e anímico do corpo e a mente e previr o malestar físico.    

· Fomentar condutas sociointegradoras e espazos de intercambio de experiencias.

· Sensibilizar acerca da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.  

 A duración do curso é de 35 horas, que se impartirán todos os xoves dende o 5 de setembro ata o 12 de decembro, en horario de 18:30 a 20:30.  

 Inscríbete xa!

 Para máis información: 

Asociación Érguete Baixo Miño 
Rúa Colón, 20 – A Guarda (Pontevedra)
Teléfono: 986 614 407
Correo electrónico: info@erguete.org   

Ningún comentario:

Publicar un comentario