9 de xul. de 2019

O ROSAL

ESPECTÁCULO A MÚSICA DA AUGA “CONTOS E CANTOS DO RÍO MIÑO”  

Xoves 18 de xullo, ás 12:00 h nas Aceñas (O Rosal)


 Infogauda / O Rosal

 Un pescador de cantigas (Servando Barreiro) e un home-peixe, un xacio do Miño (Anxo Moure), percorren contando e cantando a bordo dunha réplica rodante da gamela guardesa (última barca tradicional - xunto co carocho - do río) os concellos das ribeiras miñotas na provincia de Pontevedra para divulgar a súa riqueza fluvial e cultural.  

 A intención é sensibilizar sobre o coidado dos leitos fluviais dando a coñecer a xeografía do Miño e o seu patrimonio lingüístico, etnográfico e mitolóxico cos nomes dos peixes, das árbores de ribeira, das embarcacións tradicionais, das artes de pesca e da propia hidronimia e toponimia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario