6 de xul. de 2019

BAIONA

Presentación das Xeiras do IEM 2019

Luns 8 de xullo ás 18:30h, na Capitanía Marítima de Baiona
IEM / Baiona

 O vindeiro luns 8 de xullo ás 18:30h, presentaranse as Xeiras do IEM 2019 en colaboración cos concellos de Baiona, Nigrán, Gondomar e Tomiño nun acto que se celebrará na Capitanía Marítima de Baiona.  

 Son doce visitas guiadas e dirixidas por especialistas no tema da visita, de interese histórico, artístico, natural e paisaxístico, que se realizarán nos meses de xullo e agosto. Sete especialistas conducirán as xeiras e conferencias:  Anxo Rodríguez Lemos, Antonio Soliño Troncoso, Xosé Ramón García Martínez, Xilberte Manso de la Torre,  Xosé Lois Vilar Pedreira, Carlos Méixome Quinteiro e Eduardo Méndez Quintas.  

 Serán tres xeiras en Gondomar Agua da Laxe: Unha nova lectura (conferencia e xeira), Camiño da Nosa Señora do Norte. De Gondomar a Vilaza e A vila do século XIX.  

 Tres en Nigrán Paseo fluvial e toque de campás en Parada, Retallos de historia, etnografía e arquitectura e unha xeira nocturna polo mar de Panxón.  

 Tres xeiras en Baiona Paisaxes imaxinadas dende o Monte Real de Baiona, Polos cumes da Groba.O hábitat do último cabalo salvaxe do mundo, unha xeira nocturna Polo mar de Baiona. Toponimia, talasonimia e naufraxios e tres conferencias neste concello Os primeiros tempos da Humanidade, Baiona 1936, Os tempos na Colexiata de Santa María de Baiona.  

 É por último tres xeiras en Tomiño As pegadas na paisaxe. Ouro toponimia, mámoas e garranos, O monte Tetón. Avances na investigación (conferencia e visita), O Camiño da Nosa Señora do Norte. Ollando cara a Tebra.

 Para as dúas xeiras marítimas será necesaria inscrición previa e pago.
 A duración media das xeiras, que comezarán o próximo xoves 4 de xullo, é de 3:00 a 3:30 horas. Este ano, ao igual que o anterior, incorpóranse ás xeiras dúas persoas intérpretes en lingua de signos, favorecendo así a inclusión social de este colectivo e o seu achegamento ao patrimonio do Val Miñor e Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario