18 de xuño de 2019

SANTIAGO DE COMPOSTELA

Encontro Monográfico co Patrimonio Cultural.28   
EPIGRAPHICA 3.0  
Martes, 2 de xullo ás 17:00 horas  

Consello da Cultura Galega (Santiago de Compostela)       Organiza: Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.       


CCG / Santiago de Compostela

 Esta reunión ten como obxecto presentar os resultados da investigación e as principais contribucións en materia de preservación e socialización do patrimonio epigráfico galego de época romana pertencentes ao proxecto “Epigraphica 3.0: Cara á creación e deseño dun corpus dixital de inscricións romanas da provincia de Ourense”. Financiado pola Xunta de Galicia (2017-2019) e concibido como unha ferramenta innovadora ao servizo da investigación histórica, a accesibilidade dunha parte dos bens culturais galegos, e a planificación de políticas patrimoniais orientadas á súa conservación e posta en valor, Epigraphica 3.0 aplicou por vez primeira de forma sistemática as tecnoloxías dixitais nos estadios de documentación, análise e difusión das inscricións romanas de Galicia, en concreto da provincia de Ourense. O resultado é un corpus en liña e en open access que combina o uso da metodoloxía epigráfica tradicional co emprego de novas ferramentas ao servizo da investigación epigráfica: a fotogrametría SfM, o modelado 3D, o procesamento dixital de imaxes, o desenvolvemento dunha base de datos relacional e a programación web. Todo iso permite un acceso universal e interactivo á información epigráfica mediante un motor de busca avanzada, un visor cartográfico e un visor de modelos 3D, así como a descarga da información textual e gráfica de cada inscrición. No ámbito da preservación do patrimonio cultural, Epigraphica 3.0 procura paliar algúns dos efectos negativos que certos problemas estruturais, como o despoboamento e o envellecemento demográfico, e de investigación epigráfica, como a mala lexibilidade das inscricións en granito, ocasionan no coñecemento e a conservación das epígrafes romanas, establecendo unhas bases documentais máis sólidas e precisas para a realización de futuras investigacións históricas sobre a presenza romana en Galicia.       

 Participan David Espinosa Espinosa (director científico e especialista en epigrafía romana, Universidade de Santiago de Compostela), Miguel Carrero Pazos (especialista en fotogrametría e modelado 3D, Universidade de Santiago de Compostela), Borja Paz Rodríguez (especialista en programación e desenvolvemento web Tecnoloxías Plexus) e Pedro López Barja de Quiroga (profesor titular de Historia Antiga, Universidade de Santiago de Compostela).

PROGRAMA 
17:00 horas 
Presentación 
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega Sandra Quintas Vázquez, xefa territorial da Consellería de Cultura e Turismo en Ourense, Xunta de Galicia 

17:15 horas 
Presentación do proxecto Epigraphica 3.0 Un novo corpus dixital de inscricións romanas da provincia de Ourense 
David Espinosa Espinosa, director científico e especialista en epigrafía romana, Universidade de Santiago de Compostela

Miguel Carrero Pazos, especialista en fotogrametría e modelado 3D, Universidade de Santiago de Compostela 

Borja Paz Rodríguez, especialista en programación e desenvolvemento web Tecnoloxías Plexus 

18:30 horas 

Mesa redonda e debate Introduce e modera:  Pedro López Barja de Quiroga, profesor titular de Historia Antiga, Universidade de Santiago de Compostela

ORGANIZA 
Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG) Consello da Cultura Galega 
COORDINA  
Rebeca Blanco-Rotea 
LUGAR 
Consello da Cultura Galega Pazo de Raxoi, 2º andar Praza do Obradoiro, s/n  

INSCRICIÓN 
A inscrición é gratuíta.  
O número de prazas é limitado (100 persoas).  
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.  Entregarase diploma acreditativo de asistencia ao encontro.  
Para obter o diploma é preciso asistir ao 75% das sesións. 
MÁIS INFORMACIÓN 
www.consellodacultura.gal  
difusion@consellodacultura.gal  
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca
15705 Santiago de Compostela 
Tel.: 981 957 202 / Fax: 981 957 205

Ningún comentario:

Publicar un comentario