O Concello presentou a Axenda de Verán 2019
Con toda a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro
Antonio Lomba Baz. Elena Baz Rodríguez e Montserrat Magallanes Álvarez, na presentación da Axenda de Verán 2019
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O Concello da Guarda presentou este xoves a Axenda de Verán 2019, na que se inclúe toda a programación de actividades para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro.
Na presentación a concelleira de Cultura en funcións, Elena Baz Rodríguez, resaltou a importancia no tecido asociativo da vila para poder contar cunha axenda moi completa e con actividades de todo tipo, culturais, deportivas, de lecer, entre outras.
Antonio Lomba Baz, alcalde en funcións, quixo destacar que A Guarda ten unha intensa actividade a nivel cultural, con propostas para todas as idades, contando ademáis na tempada estiva con importantes eventos como as Festas de San Antonio, San Xoán, Corpus, Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, Festa do Peixe Espada, Festas do Carme, Festas do Monte Santa Trega, numerosos concertos e festivais musicais e, este ano tamén, o Encontro de Embarcacións Tradicionais, un atractivo máis para os nosos veciños e veciñas, pero tamén para os milleiros de visitantes que cada ano elixen A Guarda para pasar as súas vacacións.
Para Montserrat Magallanes Álvarez, concelleira de Turismo en funcións, esta axenda é o resultado dun traballo minucioso, e tamén participativo, no que se involucraron varios departamentos municipais como o de Turismo, Cultura ou Deportes, e tamén as diferentes asociacións e colectivos que ano a ano participan activamente no día a día do municipio.
A Axenda de Verán 2019 do Concello da Guarda recolle os principais eventos para este verán, incluíndo os festexos, concertos, festivais, exposicións, eventos deportivos, entre outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario