ATLETISMO
FANTÁSTICA FIN DE SEMANA POR PARTIDA DOBRE
MILU RODRÍGUEZ BAZ, DO ATLETISMO TREGA DE TOMIÑO, PROCLAMOUSE CAMPIOA GALEGA E RÉCORD GALEGO
En 3000 metros marcha atlética en pista ao aire libre, na categoría máster -40, nas pistas de Bastiagueiro (A Coruña)
Milu Rodríguez Baz - a der. da imaxe - coa segunda clasificada da proba
Sociedade Atlética do Trega / Redacción Deportes
O pasado sábado, ata a provincia da Coruña, desprazouse a nosa marchadora veterana Milu Rodríguez Baz, a disputar os 3.000 metros marcha na II Copa de Clubs Máster ao aire libre, onde a pesar de haber pouca participación no campionato, nosa atleta, brillou facendo un fabuloso rexistro de 16´32" 17, proclamándose campioa galega na súa categoría (M-40), pechando unha tarde maxistral. Con ese crono bateu o récord galego desa distancia.
Milu Rodríguez Baz - no centro da imaxe - en plena competición
Desde o club, queremos felicitar a Milu e tamén ao seu adestrador Javier Sierpes.
A seguir cultivando novos retos e novos desafíos.
Parabens!
Ningún comentario:
Publicar un comentario