24 de maio de 2019

TOMIÑO

As charlas sobre a violencia de xénero organizadas polo Concello dirixiranse a partir do luns ao profesorado de Infantil e Primaria 

A actividade, organizada polo Concello a través da Oficina Municipal de Igualdade, impartirase durante tres días en diferentes centros educativos  



 Infogauda / Tomiño

 O executivo municipal do Concello de Tomiño fixo público no día de hoxe que o vindeiro luns, 27 de maio, retomaranse as charlas sobre violencia de xénero organizadas polo Concello a través da Oficina Municipal de Igualdade. Esta vez a actividade irá dirixida ao profesorado de Educación Infantil e Primaria, despois de que se impartiran xa para docentes de Secundaria e pais e nais de adolescentes.  

 Nestas charlas, profesionais expertos aconsellan sobre temas coma a educación en valores de igualdade e respecto, ciberviolencia, violencia sexual e as novas tecnoloxías; prevención da violencia sexual dixital, etc. dando aos docentes as ferramentas pedagóxicas para saber actuar ante o problema.  

 Esta actividade, que arrancou no mes de abril, forma parte das que se están organizando dende o Concello dirixidas á comunidade educativa e con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario