6 de maio de 2019

TOMIÑO

Charla sobre violencia de xénero na adolescencia: pautas para a detección e abordaxe 

A actividade, organizada polo Concello a través das ANPAS, será o día 9 de maio ás 19.00h no Salón de Plenos  


  
Infogauda / Tomiño

 O xoves 09 de maio impartirase unha charla a país e nais, organizada polo Concello a través das ANPAS, sobre Violencia de xénero na adolescencia: pautas para a detección e abordaxe. Tratarase a educación en valores de igualdade e repecto, con especial incidedencia na ciberviolencia, a violencia sexual e as novas tecnoloxías e  a Prevención da violencia sexual dixital.  

 Será no Salón de Plenos do Concello, de 19:00h a 21:00h.  

 Esta actividade forma parte das distintas que se están organizando dende o Concello dirixidas á comunidade educativa e con cargo aos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.  

 No mes de maio tamén continuarán as charlas sobre esta temática co profesorado de todos os ciclos educativos, que xa iniciamos co IES no mes de abril.  

 A convocatoria fíxose a través das ANPAS, pero se alguén está interesado/a, pode enviar un correo electrónico a igualdade@tomino.gal, simplemente co nome e apelidos. Para o caso de que se supere o aforo, serán organizadas novas convocatorias para aquelas persoas que queden fora desta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario