6 de maio de 2019

A GUARDA

Cruz Vermella pon en marcha no Baixo Miño un obradoiro de informática para persoas maiores 

Terá lugar os luns e venres do mes de xuño de 10:30 a 12:00 horas, na aula CeMIT situada no Centro Cultural de A Guarda. 


Neli Rodríguez / A Guarda

 Cruz Vermella en A Guarda organiza un curso de informática básica dirixido a maiores de 55 anos, no que poderán participar ao redor de 15 persoas. Terá lugar os luns e venres do mes de xuño de 10:30 a 12:00 horas, na aula CeMIT situada no Centro Cultural de A Guarda.

 Co paso dos anos, algunhas funcións psicolóxicas poden resultar afectadas de diferente forma. Co fin de evitar ou retrasar a aparición do deterioro cognitivo, é recomendable realizar actividades destinadas ao exercicio da memoria que axuden a manter e potenciar as diferentes capacidades cognitivas, e canto antes se inicien mellor. A informática é unha destas actividades. 

 Aquelas persoas que estean interesadas nas novas tecnoloxías e na aprendizaxe do uso do ordenador, terán que inscribirse neste obradoiro na oficina de Cruz Vermella. Trátase dunha actividade financiada polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.  

Para máis información:  

Asamblea Comarcal Cruz Vermella Baixo Miño 
Rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 baixo 
Teléfono: 986 61 46 09 
Enderezo electrónico: laguardia@cruzroja.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario