14 de maio de 2019

SALCEDA DE CASELAS

RODRÍGUEZ DAVILA DESTINARÁ 50.000 M2 NAS RIBEIRAS DO CASELAS A CREAR UN PARQUE LÚDICO RECREATIVO, CON ZONA ACUÁTICA E ÁREA TEMÁTICA E DE ESPARCEMENTO PARA TODA A FAMILIA 

Dentro dos 50.000 m2 habilitaranse tamén zonas deportivas e de mantemento físico, sendas peonís e para bicicletas, ademáis dun espazo con mobiliario para a celebración de acontecementos familiares. 

O proxecto levarase a cabo por fases e o seu custo asumirase a través de convenios coa Deputación e a Xunta de Galicia, cuxos terreos son da súa propiedade.



 Infogauda / Salceda de Caselas 

 O candidato do PP á alcaldía de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, converterá o espazo das Ribeiras do Caselas nun parque lúdico recreativo para o “uso e goce das familias” se o próximo 26 de maio consegue o apoio suficiente dos veciños para gobernar o Concello. Este parque terá unha zona con atraccións vinculadas ao río, outra área temática infantil e superficie con xogos de auga e diversión para os pequenos. Para os maiores e as familias, un espazo de esparcemento e zonas para practicar deporte, sendeirismo e circular en bicicleta gozando da natureza e do río Caselas. En total, 50.000 metros cadrados ampliables a só 5 minutos do centro de Salceda que converterán a este espazo natural no destino “idóneo” para as de fins de semán e xornadas estivais. 

 “Temos un tesouro como son as Ribeiras do Caselas que debemos explotar, poñer ao servizo dos salcedenses dunha forma atractiva tanto para os maiores como tamén para os nenos, unindo natureza con xogos e diversión. Evidentemente, serán os veciños quen máis gocen deste recinto aínda que estou convencido de que tamén acudirán visitantes de toda a comarca e iso, indirectamente, traerá riqueza para o noso pobo”, explica Rodríguez Davila. 

Un proxecto con colaboración 

 Aínda que a idea inicial é habilitar unha superficie de 50.000 metros cadrados, o candidato popular non descarta que poida ampliarse a demanda dos salcedenses. O proxecto, que levará a cabo por fases, necesitará da colaboración económica doutras administracións como a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, quen é a propietaria dos terreos desta iniciativa que convertería ás Ribeira do Caselas nun destino de referencia para todas as familias e veciños do noso pobo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario