14 de maio de 2019

MONDARIZ

UNHA APLICACIÓN MOVIL CONECTARÁ ÁS MONDARICENSES COAS FORZAS DE SEGURIDADE ANTE CALQUERA SITUACIÓN DE PERIGO 

 O sistema está aberto a calquera muller de Mondariz que síntase en perigo por violencia de xénero, que faga deporte en solitario ou que teña a necesidade de camiñar soa en horario nocturno ou por lugares pouco transitados 

 As persoas maiores que non teñan un acceso fluído coas novas tecnoloxías poderán beneficiarse desta aplicación a través dun pequeno botón que se recollerá no Concello e que, entre outros usos, permitirá avisar aos axentes ante un roubo

Infogauda / Mondariz

 Se Ana Corredoira chega á alcaldía de Mondariz, as veciñas deste pobo vivirán máis seguras. Conseguirao - segundo afirma a candidata do Partido Popular - instalando unha aplicación que permita a aquelas mulleres que así o decidan poder estar conectadas coa Policía Local a través deste sistema móbil ou do chamado ‘botón do pánico’ para aquelas mulleres que non dominen as novas tecnoloxías ou que sexan de avanzada idade.  Desta forma, segundo a líder popular, “calquera muller en perigo poderá conectar directamente cos axentes con só un click ou pulsando un botón”.  

 A  aplicación, que se desenvolverá en colaboración  coa Xunta de Galicia, busca non só salvar vidas de mulleres vítimas de violencia de xénero senón tamén socorrer a aquelas que poidan atoparse en risco por calquera outro motivo. “Hai moitas mulleres que vénse obrigadas a camiñar pola rúa de noite ou por lugares pouco transitados, ben por motivos de traballo, por deporte ou menores que poidan sentirse ameazadas na volta a casa as fins de semana, e temos que axudarnos das novas tecnoloxías para minimizar ao máximo o risco que corren e poidan sentirse seguras”, explica Corredoira quen tamén considera esta unha boa iniciativa para “acudir rápido ante calquera roubo en vivendas” debido a que os maiores que vivan só poderán facerse cun destes botóns para pulsar ante calquera incidente. 

 Esta aplicación, que foi desenvolta polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia, poderase descargar en móbiles Android e iOs. Nela recóllese un decálogo con consellos prácticos de como actuar ante  posibles situacións  de riscos e un directorio de lugares onde pedir axuda, ademais de teléfono de información. Ademais, e para permitir aos axentes a localización da vítima, inclúe un sistema de xeolocalización que indica o percorrido que está a realizar desde o momento no que se dá o sinal de alerta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario