ÁNXELA FERNÁNDEZ CALLÍS E SEU EQUIPO LOGRAN UNHA HISTÓRICA MAIORÍA ABSOLUTA NAS ELECCIONS MUNICIPAIS
O electorado rosaleiro manda a María del Carmen Alonso Alonso, do Partido Popular, á oposición
Infogauda / O Rosal
O día 26 de maio de 2019 xa forma parte da Historia da Democracia no Concello do Rosal, toda vez que por vez primeira desde antes da rebelión militar, contra o lexítimo Goberno da II República, en 1936, a dereita - con diferentes denominacions, aínda que ideolóxicamente semellantes - que estivo a fronte deste Concello; vai ser relevada, a partires do vindeiro día 15 de xuño - data na que salvo imprevistos, constituiranse tódalas corporacions municipais -; por un goberno de esquerda nacionalista, formado por xente moza, que estará presidido por Ánxela Fernández Callís, do BNG.
A candidatura que encabeza Ánxela Fernández recibiu no día de onte o apoio da maioría dos electores rosaleiros para gobernar con maioría absoluta os vindeiros catro anos. Pero non soio por iso é unha data histórica, senón que Ánxela Fernández e súa candidatura, porque así o decidiu á veciñanza rosaleira, pón fin a un ciclo de sucesivos gobernos da dereita desde 1979 ata hoxendía. É decir, logo da dictadura infame ao longo de catro décadas, e logo de recuperar á Democracia no noso país, outros 40 anos máis, esta vez será a primeira, na que o Concello do Rosal terá un goberno municipal nacionalista e de esquerdas.
Por iso, o 26 de maio de 2019 vai ser unha data para relembrar por moito tempo, xa que a cidadanía do Rosal, tal e como nós percibíamos, quixo pasar á páxina a unha sucesión de gobernos que semellaban non teren fin, e o electorado fíxoo con determinación, mandando para á oposición á alcaldesa accidental María del Carmen Alonso Alonso, do Partido Popular e seu equipo.
Ainda que teñen carácter provisorio, os votos que acadou cada candidatura foron os seguintes:
· BNG: 1.841 votos (7 concelleiros)
· PP: 1.561 votos (5 concelleiros)
· PSdeG-PSOE: 370 votos (1 concelleiro)
· Cs: 125 votos (ningún concelleiro)
Estes datos confirman por sí mesmos a derrota do Partido Popular, que en 2015, con Jesús María Fernández Portela, como candidato á reelección, lograra 2.026 votos, e 8 concelleiros - un menos que en 2011, froito probablemente do desgaste propiciado polas preferentes comercializadas por varias entidades bancarias -, namentras que o BNG obtivera en 2015, 857 votos e 3 concelleiros; e o PSdeG-PSOE lograra 595 votos, e 2 concelleiros.
Pechado o ciclo de Jesús María Fernández Portela, por decisión persoal, cando accedeu á xubilación; María del Carmen Alonso Alonso pasaría a ser á alcaldesa do Concello do Rosal, desde o día 10 de febreiro de 2018, data na que tomou posesión como tal, e serao en funcións neste período transitorio que vai desde onte ata o vindeiro día 15 de xuño.
Compre relembrar que na campaña das Eleccions Municipais do 26 de maio de 2019, o ex alcalde Jesús María Fernández Portela apoiou persoalmente a candidata do PP, pero vistos os resultados, ese apoio non evitou que os rosaleiros determiñasen dar un xiro á esquerda, votando á outra opción política cada vez máis imbricada na sociedade civil rosaleira.
Inda que ocurrenseme moitas cousas..direi BRAVO.
ResponderEliminar