27 de maio de 2019

A GUARDA

O PARTIDO POPULAR LOGRA GAÑAR AS ELECCIONS NO CONCELLO DE A GUARDA

Probable goberno bipartito do PSdeG-PSOE e BNG, que empataron en número de concelleiros


De esq. a der. da imaxe: Antonio Lomba Baz, Roberto José Álvarez Carrero e Anxo Lois Baz Vicente


Infogauda / A Guarda

 Os cidadáns de A Guarda decidiron que o Partido Popular, liderado por Roberto José Álvarez Carrero fose a formación gañadora das Eleccions Municipais do 26 de maio de 2019, o cal non quer decir, necesariamente que vaia a ser o vindeiro alcalde da localidade. Con todo, unha parte do electorado non aprobou á xestión do alcalde Antonio Lomba Baz e do seu equipo. Esa é a primeira lectura que facemos a vista dos resultados das Eleccions Municipais deste domingo día 26 de maio de 2019 na nosa localidade que deron a victoria, como decimos, ao Partido Popular que logrou 6 concelleiros - un máis que en 2015- fronte aos 5 que acadou o PSdeG-PSOE - que obtivo dous concelleiros menos que en 2015 -; o BNG logrou 5 concelleiros - dous máis que en 2015 - e Converxencia Galega logrou novamente unha acta de concelleiro, ao igual que en 2015. Non lograron ningún concelleiro Ciudadanos, En Marea A Guarda e Gestión Democrática.

 A segunda lectura é que ao longo dos catro últimos anos, nos que o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, presidido por Antonio Lomba Baz, estivo gobernando no Concello de A Guarda, cunha maioría minoritaria - 7 concelleiros dun total de 17 que ten á Corporación Municipal -, ainda que non tivo enfronte a unha oposición que lle impedira exercer á acción de goberno, e sobor de todo, que non lle desgastase en exceso, pois agás momentos puntuais, o alcalde e seu equipo non tiveron que complicarse á vida máis do estrictamente necesario; unha parte do electorado tal vez considerou que era hora de mudar o titular da cadeira da Alcaldía e por conseguinte o equipo municipal de goberno. Dese xeito, o que onte determinou á cidadanía de A Guarda, non coincide coa percepción que tiñamos desde fai meses, e que foi mudando a medida que íase achegando a data electoral, como así nolo indicaban ás sondaxes periódicas que fixemos. Probablemente, algúns electores decidiron trasvasar os votos que habíanlles prestado en 2015 a unhas formacions e cederllos agora a outras, mudando dese xeito súa orientación de voto nas semanas previas a xornada electoral deste 26-M, nas que percibimos algunhas evidencias, de diversa índole, pero en todo caso de descontento dalgúns cidadáns. E os resultados así o confirman de xeito palmario.

 Hai, que dúbida cabe, unha terceira lectura, e posiblemente moitas máis, pero coidamos que tampouco é cuestión de extendernos innecesariamente. 

 De tódolos xeitos, vistos os resultados acadados por cada unha das sete candidaturas que concorreron a estes comicios locais, os electores guardeses decidiron non darlle a confianza total a Antonio Lomba Baz e seu equipo, valorando dun xeito crítico algúns temas concretos, na labor desenvolvida nos catro anos precedentes. 

UNHA CURA DE HUMILDADE

 "Unha cura de humildade non ven mal", referiu a este cronista un empresario da localidade. E a vista dos resultados o electorado prescribiu esa receita a tódalas formacións políticas. A unha delas - o PP - cedéndolle 623 votos "pescados" nos caladoiros doutras formacions, así como un centenar de votos máis que en 2015 foran para Coalición de Centro Democrático (CCD), ainda que sen darlles aos populares á maioría absoluta; e ao PSdeG-PSOE, retirándolle parte da confianza outorgada en 2015, en que lograra 2.020 votos e derivando 514 votos en favor do BNG, que en 2015 obtivera 997 votos e neste 26-M logrou 1.511. 

 Polo tanto, a vista do empate en número de concelleiros, o PSdeG-PSOE e o BNG, poden, se así o acordan seus órgaos de decisión, formar un goberno municipal bipartito para os vindeiros catro anos, nos que terán que desenvolver a labor municipal abordando os proxectos que agora mesmo están enriba da mesa da alcaldía e a súa vez deberán afrontar novos retos que á sociedade está demandando acorde cos tempos que nos tocou vivir.

 No que respecta aos apoios acadados polo Partido Popular, compre salientar que seu candidato á Alcaldía, Roberto José Álvarez Carrero, foi, sen ningún tipo de dúbida, un dos mellores que os populares puderon atopar no seo do PP, a pesares de que o centro dereita local leva anos sen un líder carismático que nuclee nunha única formación tódolos electores desa orientación política. 

 Por outra banda, convén relembrar que desde que Roberto José Álvarez Carrero, está a fronte da xunta local do Partido Popular, á de onte é a segunda victoria electoral, dado que ainda que son comicios diferentes, o pasado 28 de abril de 2019, cando se celebraron ás Eleccions Xerais o PP logrou 1.614 votos fronte aos 1.574 do PSdeG-PSOE; 1.047 de Unidas Podemos; 727 de Cs; 630 do BNG; e 267 de Vox, que foron ás forzas máis votadas na nosa localidade.

 A vista dos resultados acadados no día de onte, semella que o PP acertou levando de candidato á Alcaldía a un xoven de brillante currículo formativo e avogado en exercicio, que ao longo dos catro anos precedentes, tanto el como os demais concelleiros populares adoitaron unha estratexia política de non obstaculizar a acción de goberno de Antonio Lomba Baz e seu equipo. 

 Polo tanto, o resultado acadado na Guarda polo Partido Popular mellora sensiblemente a percepción que tiña o electorado respecto a esa formación política a nivel local, en relación a fai catro anos.

 Dese xeito, se queren ser útiles á cidadanía, os populares deberían incluir na súa axenda á labor de procurar mediar nas relacions entre o Concello de A Guarda e a Xunta de Galicia, para facilitar, por razóns de equidade, a realización de obras imprescindibles como a saída sur do porto, a culminación da VAP Tui-Goián ou a nova Escola Infantil nas antigas vivendas dos mestres no vello colexio Manuel Rodríguez Sinde.

 Continuando coa nosa análise dos resultados electorais del 26-M, e facendo unha comparativa cos de 2015, temos que decir, que no que respecta ao BNG era previsible que acadase un número de votos superior ao de entón, toda vez que daquela a formación frentista non había tocado teito e polo que se ve, así foi.

 Ao longo do cuatrienio que ven de rematar, a estratexia do BNG local levou a cuestionar algunhas decisions do equipo de goberno liderado por Antonio Lomba Baz, ainda que súa crítica - por exemplo cando a adquisición da Finca de Fínola -, vistos os resultados deste 26-M, lograron que súa mensaxe calase no electorado. Dese xeito ven a confirmarse que os réditos desas accions políticas, e da súa labor como segundo grupo de oposición - polo número de escanos acadados en 2015 -, tiveron repercusión nos resultados deste domingo.

 Polo que respecta a Converxencia Galega, formación liderada por Celso Rodríguez Fariñas, a cidadanía voltou a revalidar seu apoio a este veterano político local, valorando positivamente súa labor como concelleiro. Lembramos que foi crítico co grupo de goberno e mesmo chegou a pór enriba da mesa contrapartidas socio-culturais - algunhas delas "lastradas" desde facía varios anos, como á homenaxe ao poeta Xosé Carlos Gómez Alfaro - en troques do seu apoio - solicitado polo grupo de goberno - para que os Orzamentos Municipais saísen adiante.

 Que o electorado haxa determinado cos seus votos, que Celso R. Fariñas volte a ser novamente concelleiro - a pesar dun vídeo difundido nunha rede social por unha persoa que afirmou que ía apoiar a Converxencia Galega, e que alguns veciños consideraron que máis que favorecer a esa formación, lle perxudicaba - significa, ao noso entender, que con todo, seus votantes consideran necesaria súa participación no día a día do Concello de A Guarda.

  Polo que respecta a Ciudadanos, quinta forza política en número de votos obtidos, temos que decir que súa candidata á Alcaldía, María de Fátima Iglesias Ferreira (Fany), que en 2015 fora con outra formación - Coalición de Centro Democrático (CCD) - e posteriormente pasou a ser concelleira non adscrita, non logrou acadar súa acta de concelleira electa.

 Ao longo dos catro anos precedentes María de Fátima Iglesias Ferreira (Fany) desenvolveu unha labor que podemos cualificar de oposición constructiva.

 Polo seu perfil humano e político, a candidata de Ciudadanos á Alcaldía de A Guarda conta co apoio de persoas que proveñen do centro dereita local e que confían  nela, si ben poida que esta vez, algúns electores optasen por mudar á dirección do seu voto e outorgarllo ao PP.

 Outra formación que se presentou na Guarda por vez primeira é En Marea, si ben a súa candidata á Alcaldía, Isabel Lidia González Alonso, tamén veterana da política local, xa estivo noutras candidaturas con anterioridade. Lembremos que logo de ser concelleira de Esquerda Unida, posteriormente ten participado noutros proxectos de política municipal, como por exemplo en Iniciativa Veciñal A Guarda, candidatura coa que concorreu en dúas ocasions precedentes, ainda que sen ir de cabeza de lista, e non acadou representación municipal.

 Nesta ocasión Isabel Lidia González Alonso liderou á candidatura de En Marea A Guarda, logo da presentación desta formación no Centro Cultural da vila, o pasado día 8 de febreiro. 

 Como era de prever, o electorado non tivo oportunidade de valorar unha labor continuada no tempo, polo que non lle deu os apoios necesarios para que En Marea tivese, por vez primeira, presenza na Corporación Municipal de A Guarda.

 E finalmente, temos que facer mención a Gestión Democrática, unha formación, nova tamén no espectro político local, liderada por Xermán Cordero Verde, un xoven que leva tempo desenvolvendo iniciativas de ámbito municipal. Ten moito mérito que haxa logrado presentar á candidatura de Gestión Democrática sabendo como sabemos, o difícil que é lograr reunir un equipo humano de 17 persoas e as correspondentes reservas, e culminar con éxito toda á tramitación legal previa ao comezo da campaña electoral. E ademais dar a coñecer súas propostas políticas con limitados recursos crematísticos e de todo tipo, e competir en boa lide, con outras candidaturas de maior percorrido político e tamén de orzamento e medios humanos e materiais.

 Tamén como preveíamos, Xermán Cordero Verde non acadou a acta de concelleiro electo, o cal non vai impedir, temos a completa seguridade, que continúe desenvolvendo súa labor ao igual que viuno facendo deica agora, ainda que non do xeito que hubéralle gustado.

 En todo caso, consideramos que para o censo de electores (8.320)  que ten A Guarda, que se haxan presentado sete candidaturas indica que existen iniciativas que lexítimamente quixeron optar a ter representación na Corporación Municipal, si ben probablemente é un número que poderíamos considerar excesivo. E máis excesivo sería se chegase a presentarse - que estaba no seu perfecto dereito - unha candidatura máis, que finalmente non lograría facelo dentro de prazo - "(...) por unha neglixencia grave (...)", segundo afirmou seu promotor.

 Os resultados provisorios das Eleccions Municipais en A Guarda, neste 26 de maio de 2019, foron os seguintes:


· Partido Popular: 1.799  votos (6 concelleiros)
· Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE: 1.595 votos (5 concelleiros) 
· Bloque Nacionalista Galego: 1.511 votos ( 5 concelleiros) 
· Converxencia Galega: 456  votos (1 concelleiro) 
· Ciudadanos:   265 votos (ningún concelleiro) 
· En Marea: 150 votos (ningún concelleiro) 
· Gestión Democrática:  22 votos ( ningún concelleiro)

  Polo tanto, a falla de contabilizar os votos emitidos por correo, a composición provisoria da vindeira Corporación Municipal de A Guarda, será á seguinte:

 PP: Roberto José Álvarez Carrero, Óscar Alonso Álvarez, María Vanessa Alonso Gándara, José Antonio Baz Lomba, María Isabel Guisande Vila e Josué Álvarez Alonso.

 PSdeG-PSOE: Antonio Lomba Baz, María Montserrat Magallanes Álvarez, Miguel Ángel Español Otero, María Elena Baz Rodríguez e Fátima Rodríguez Marcos.

 BNG: Anxo Lois Baz Vicente, Beatriz Lomba Rodríguez, Xan Lois Lomba Alonso, María Begoña González Martínez e Xosé Manuel Méndez Díaz.

 CG: Celso Juan Rodríguez Fariñas. 

MERCEDES MARTÍNEZ VÁZQUEZ, DO BNG, SERÁ Á ALCALDESA-PEDÁNEA DA ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS


Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), do BNG presidirá a xunta da Entidade Local Menor de Camposancos

 Por outra banda, para á Entidade Local Menor de Camposancos (A Guarda), a que se presentaban tres candidaturas (PSdeG-PSOE, PP e BNG), os resultados foron os seguintes:

· BNG:  282 votos
· PSdeG-PSOE: 196 votos
· PP:  158 votos


 Polo tanto, a xunta da Entidade Local Menor de Camposancos estará presidida pola alcaldesa pedánea Mercedes Martínez Vázquez (Merchi), do BNG, quedando por designar polas respectivas formacions políticas ás persoas que serán vogais na referida xunta.

 Compre salientar que desde ás primeiras eleccions municipais democráticas de 1979 ata agora, é á primeira vez que  o BNG acada á presidencia da xunta da E.L.M. de Camposancos, e a súa vez, que a devandita xunta vai estar presidida por unha muller, si ben, xa viña desempeñando - ao igual que ás representantes doutras formacións políticas (PSOE e PP), ás tarefas correspondentes como vogal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario