VICEPRESIDENCIA APORTA 57.200 EUROS AOS CONCELLOS DE TOMIÑO E OIA A TRAVÉS DAS AXUDAS A INFRAESTRUTURAS DE USO PÚBLICO
· O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que esta liña supón unha aportación da administración autonómica para a provincia de case un millón de euros
José Manuel Cores Tourís,delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra
Infogauda / Pontevedra
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá a publicación no DOG da resolución das axudas de Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para a mellora das infraestruturas de uso público, que suporán case un millón de euros para a provincia de Pontevedra, dos cales, 57.200 corresponderán a proxectos de Oia e Tomiño no Baixo Miño.
Tomiño recibirá así 30.000 euros, mentres Oia beneficiarase con 27.216 euros.
Cores Tourís recordou que a axuda para infraestruturas municipais, a Xunta de Galicia subvenciona, entre outras actuacións, a instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública; pavimentación de camiños públicos municipais; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de parques públicos e parques infantís; construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias; e construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de instalacións deportivas de uso público e/ou dotación de equipamentos das referidas instalacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario