30 de maio de 2019

OIA

Purificación Granja, a “avoa de Oia”, cumpriu 103 anos
 

A alcaldesa de Oia en funcións, Cristina Correa, visitou onte pola mañá a Purificación xunto á concelleira en funcións Carmen María Estévez para felicitar persoalmente á lonxeva veciña 
Foto: C.O.

Infogauda / Oia

 Purificación Granja, a muller máis lonxeva de Oia, cumpriu 103 anos, este mércores día 29 de maio, un aniversario que festexou cunha saúde envexable e rodeada dos seus seres queridos.  

 Aínda que onte foi un día especial que mereceu un brinde cun pouco de sidra, a “avoa de Oia” non perdoou a súa cita diaria cun dos seus labores favoritos: o ganchillo. Pese a estar de celebración, despois da comida coa familia colleu as agullas e púxose coa tarefa.  

 A alcaldesa de Oia en funcións, Cristina Correa, visitou onte pola mañá a Purificación xunto á concelleira en funcións Carmen María Estévez para felicitar persoalmente á lonxeva veciña.   

 Ambas representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e dunha torta, a fin de transmitirlle o agarimo do conxunto da veciñanza de Oia. Coma sempre, Purificación Granja recibiu ás súas visitas cun sorriso e facendo gala do seu característico bo ánimo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario