7 de maio de 2019

EMPREGO

O Concello de Tomiño contrata a 24 persoas desempregadas ao abeiro da subvención da Deputación Provincial para o Plan Concellos 2019 

Os contratos terán unha duración media de oito meses, con data de finalización 31 de decembro de 2019  


Un traballador desempeñando súa labor nunhas instalacions municipais
Foto: C.T.

Infogauda / Tomiño

 Ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2019, Liña 3, “Emprego para conservación de bens e servizos municipais”, o Concello de Tomiño, vén de contratar 24 novos/as traballadores/as, por importe de 239.771,30 €. A achega municipal ao nomeado plan ascende a 5.845,54 €.  

 Segundo informa o executivo municipal que preside a alcaldesa Sandra González Álvarez "concretamente, contratáronse dúas técnicas administrativas, unha enxeñeira técnica forestal, dous electricistas,  un carpinteiro, doce peóns de xardinería, unha educadora social, un albanel, un peón da construción, un mecánico de mantemento e reparación de automoción, un condutor-operador de retroescavadora e un soldador especialista de estruturas metálicas lixeiras.  

 O que se publica aos efectos de cumprir coas obrigas de publicidade establecidas nas bases reguladoras e convocatoria do Plan Concellos 2019, Liñas 2 e 3 publicadas o 18 de decembro de 2018 no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra".

Ningún comentario:

Publicar un comentario