30 de maio de 2019

CINEMA

Un total de 23 traballos concorren ao certame O Museo de Pontevedra en Curtametraxes  

As curtas premiadas daranse a coñecer mañá, ás 18 horas, no Sexto Edificio nun acto público no que se entregarán os galardóns



Infogauda / Pontevedra

 Un total de 23 curtametraxes concorreron á segunda edición do programa Telecultura. O Museo de Pontevedra en Curtametraxes, co que a institución museística pretende dar a coñecer o seu patrimonio entre o alumnado da provincia de xeito lúdico e participativo. Na categoría Infantil concorreron un total de 10 traballos, na categoría Benxamín concorreron 4, na categoría Alevín concorreron 2, e na categoría Cadete concorreron 7. O xurado deste certame deliberou na xornada de onte sobre todas as curtas presentadas e, tal e com0 establecen as bases, mañá venres 31 de maio, ás 18 horas, no Sexto Edificio faranse públicas as curtas gañadoras e realizarase a entrega de galardóns ao alumando gañador.  

 Os centros que presentaron traballos na categoría infantil, na que pode concorrer alumnado que curse 5.º e 6.º de primaria, foron o CEIP Maillón de Nigrán, o CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro de Vilagarcía de Arousa, o CEIP San Clemente de Caldas de Reis, o CEP Sobrada de Tomiño, o CEP Sequelo de Marín que presentou dous traballos nesta categoría, o CEIP Vilaxoán de Vilagarcía de Arousa que tamén presentou dous traballos nesta categoría, e o CPR San José de Pontevedra. Na categoría Benxamín, para alumnado de 1.º e 2.º da ESO, presentaron traballos a alumna Sofía Rial Vidal a título individual, alumnado do Colexio Eduardo Pondal de Cangas, e alumnado do CPR Plurilingüe Labor de Vigo que presentou dúas curtas. Na categoría Alevín, para alumnado de 3.º e 4.º da ESO, as dúas curtas que concorreron corresponden a alumnado do CPR Plurilingüe Labor de Vigo. Na categoría Cadete, para alumnado de bacharelato, grao medio e FP básica, presentaron curtas a título individual ‘Laura Somoza García, amigos e amigas'; alumnado do IES Salvaterra de Miño, alumnado do IES Frei Martín Sarmiento de Pontevedra; os alumnos Nee Barros e Manuel Albariñas a título individual; ‘Uxía García Fernández, amigos e amigas' a título individual; e Lara Rey López; David Sotelo, Guillermo Bouzas e Mario Acuña tamén a título individual.  

 No acto de entrega de premios, no que tamén se visualizarán as curtas gañadoras, entregaranse 8 galardóns. Na categoría Infantil contemplase un primeiro premio de 600 euros e un segundo de 300 euros, na categoría Benxamín o primeiro premio está dotado con 800 euros e o segundo con 500 euros, na categoría Alevín o primeiro premio está dotado con 1.000 euros e o segundo con 700 euros, mentres que para a categoría Cadete o primeiro premio contempla 1.500 euros, o segundo 1.000 euros, e a mención especial 400 euros. Ademais nas categoría Infantil e Benxamín cabe a posibilidade de que o xurado estableza sendas mencións especiais dotadas con 200 euros, e nas categorías Alevín e Cadete pode establecer dúas mencións especiais dotadas con 400 euros cada unha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario