A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a nosa vila
O venres día 10 de maio, en horario de mañá e de tarde, e o sábado día 11, pola mañá
Infogauda / A Guarda
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 10 e o sábado día 11 de maio.
Este autobús estará emprazado na rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural da vila) o venres día 10, de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas; e o sábado día 11, de 10:00 ás 15:00 horas.
Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadás o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario