6 de maio de 2019

A GUARDA

O Concello recibirá unha axuda para a mellora da eficiencia enerxética 


A Fortaleza de Santa Cruz e o Monte Santa Trega contarán con novas luminarias led
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda que preside o alcalde Antonio Lomba Baz, ven de indicar que o municipio guardés será beneficiario dunha axuda para a eficiencia enerxética a través do IDAE, o que permitirá a renovación dun total de 251 puntos de luz do municipio, adaptando os mesmos á nova tecnoloxía led, mellorando a eficiencia e acadando un aforro enerxético dun 74% e cun importe de 78.938,30€.

LUMINARIAS PARA Á FORTALEZA DE SANTA CRUZ E PARA O MONTE SANTA TREGA 

 Estas novas luminarias instalaranse en diferentes rúas e espazos do municipio, destacando tamén a instalación en Bens de Interese Cultural (BIC´s) coma a Fortaleza de Santa Cruz (24 puntos de luz) ou o Monte Santa Trega (14 puntos de luz), cunha inversión total de 13.908,34€.

CALDEIRA DE BIOMASA PARA O CENTRO CULTURAL DA VILA 

 Nesta subvención do Instituto para la Diversificación y ahorro de la Energía (IDAE), entidad pública empresarial adscrita ao Ministerio para la Transición Ecológica, a través da Secretaría de Estado de Energía; contémplase tamén a instalación dunha caldeira de biomasa para o Centro Cultural da vila, o que permitirá un aforro nos gastos de combustible da actual caldeira de diésel, así coma unha eficiencia no mantemento do equipo. O importe total para a caldeira de biomasa é de 58.016,45€.  

 Para estas actuacións A Guarda contará cun investimento do cal un 80% corre a cargo do IDAE, un 15% a cargo da Deputación de Pontevedra e un 5% a cargo do Concello.

Ningún comentario:

Publicar un comentario