25 de maio de 2019

A GUARDA

Antonio Lomba pecha a campaña electoral no Auditorio de San Bieito sacando peito do acadado na lexislatura    

O alcalde socialista espera recoller os froitos de logros como a declaración patrimonial do Camiño Portugués da Costa: “É un antes e un despois na Guarda”


Antonio Lomba Baz - no centro da imaxe, na primeira fileira das bancadas - no acto de fin de campaña

Redacción / A Guarda

 O alcalde e candidato socialista a alcaldía da Guarda púxolle fin a campaña electoral nun acto aberto a toda a veciñanza no que fixo balance dos últimos catro anos de goberno. “Traballamos arreo e foron moitos os obxectivos conseguidos”, asegurou en referencia a grandes obras como a humanización da rúa Concepción Arenal, mais tamén a proxectos de futuro, como a adquisición da finca de Fínola ou a inclusión do Camiño Portugués da Costa na Lei de Patrimonio de Galicia.  

 Sobre este último, Lomba fixo fincapé en que para a economía é “un antes e un despois” e que xa se está a notar no turismo e na hostalaría. “Se a iso lle engadimos chan industrial e unha boa comunicación, seremos unha vila con proxección cara o futuro”, sinalou demandando á Xunta a conexión por autovía con Tui.    

 A economía e as políticas sociais foron os dous temas que centraron o mitin, con datos como o de paro, situado no mes de abril nun 12’29%, sendo a taxa máis baixa da comarca; ou o do servizo de axuda no fogar, sen listas de espera. Unha “boa xestión” que defendeu a deputada provincial e concelleira de Facenda, Montserrat Magallanes: “somos un concello saneado, con débeda cero e que paga aos provedores en 7 días”  

COMPROMISOS

 Unha nova Escola Infantil Municipal, o acceso Sur ao Porto, a reforma do pavillón e un novo auditorio foron algunhas das promesas feitas este venres polo socialista. “Quédanos moito por facer, temos que seguir traballando para a Guarda que queremos todos”, dixo Antonio Lomba ao tempo que criticou os programas “sen medidas concretas” da oposición.  “Nós temos proxecto e temos equipo para que podamos seguir avanzando cara adiante”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario