19 de abr. de 2019

TUI

Eleccions Xerais

Acto público central do BNG en Tui

Terá lugar o vindeiro luns día 22, a partir das 21:15 horas, na Sala Félix (traseira da Área Panorámica)


 Infogauda / Tui

 O BNG celebrará un acto central das Eleccions Xerais, que terá lugar o luns día 22 de abril, a partir das 21:15 horas na Sala Félix (traseira da Área Panorámica) e contará coa presenza de Carme Núñez, candidata á Alcaldia de Tui, André Vidal Capón, candidato número 1 ao Senado pola província de Pontevedra e Guillerme Vázquez, candidato ao Congreso pola mesma provincia.  

 Carme Núñez é a actual portavoz municipal tudense, médica e responsábel da área de Patrimonio do anterior governo progresista do Concello, previo á moción de censura do PP.  

 André Vidal Capón é tudense, estudante de Bioloxía na Universidade de Vigo e ex-responsábel comarcal de Galiza Nova.  

 Guillerme Vázquez foi Portavoz Nacional do BNG e ex-deputado no Congreso Español.  

 "No acto - dixo Carme Núñez - trataráse de transmitir a necesidade de que o BNG estea representado en Madrid para facer sentir a voz das galegas e galegos no parlamento español; voz ausente neste última lexislatura, onde a presenza galega foi inexistente por primeira vez en décadas.  

 O BNG fai un chamamento á asistencia das veciñas e veciños de Tui  para seren partícipes de primeira man do proxecto das nacionalistas para o Congreso e  o Senado".

Ningún comentario:

Publicar un comentario