4 de abr. de 2019

PONTEVEDRA

Mariano Rajoy amplía a súa presencia en campaña na provincia de Pontevedra 

E estará no Baixo Miño o día 13 de abril  


Partido Popular / Pontevedra

 O presidente Mariano Rajoy amplía a súa presencia en campaña na provincia de Pontevedra e estará o día 13 de abril no Baixo Miño para participar no seu segundo acto co Partido Popular. A xornada previa, Rajoy falará nun mitin que se celebrará no  Auditorio Abanca da capital xunto ao candidato local Rafa Domínguez e diferentes cargos da formación.  

 A cita do sábado día 13 consistirá nun xantar multitudinario xunto cos candidatos ás Alcaldías da comarca, ademáis doutros representantes do partido, militantes e simpatizantes. Coa súa presencia, Mariano Rajoy evidencia a gran importancia que ten a provincia para o Partido Popular. 

 Cos 61 candidatos ás Alcaldías da provincia xa presentados, o PP de Pontevedra continúa traballando para acadar un magnífico resultado nas eleccións xerais do 28 de abril, ás que concorre cunha lista que aúna renovación e experiencia que garantiza a mellor defensa dos intereses de Pontevedra en Madrid, e tamén nas do 26 de maio.  

 “Somos un partido recoñecido e recoñecible, con vocación de goberno e que vai sair a gañar co mellor equipo tanto para os concellos como para o  conxunto de España”, afirmou o presidente provincial dos populares, Alfonso Rueda, situando ao  PP como a única alternativa a Pedro Sánchez. 

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario