3 de abr. de 2019

MOVEMENTOS SOCIAIS

A CIG DE VIGO CELEBROU ASEMBLEA PREPARATORIA DA CAMPAÑA DO 1º DE MAIO

No encontro, no que se deron cita varios centos de representantes sindicais da comarca, participou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril

No encontro, no que se deron cita varios centos de representantes sindicais da comarca, participou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 A CIG de Vigo celebrou hoxe unha asemblea de delegados/as para preparar a campaña e as mobilizacións do vindeiro 1º de Maio, Día Internacional da Clase Obreira. No encontro, no que se deron cita varios centos de representantes sindicais da comarca, participou o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, quen apostou pola mobilización nos centros de traballo e na rúa co obxectivo de “recuperar dereitos para avanzar”, que é o lema baixo o que se celebra a convocatoria deste ano.  

 Carril amosouse moi crítico coa xestión do Goberno español do PSOE e coa da Xunta do PP e alertou sobre a situación de emerxencia nacional e social que padece Galiza como consecuencia das últimos contrarreformas aplicadas polos dous partidos españois, que están a afondar na precariedade laboral e no empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario