22 de abr. de 2019

MEIS

Alfonso Rueda: “Ningún voto que non vaia para o PP vai servir para evitar un Goberno de Pedro Sánchez”  

• O presidente provincial visitou a Romaría das Cabezas, en Armenteira (Meis), xunto a Xosé Manuel Cores Tourís, José Luis Pérez e candidatos ás alcaldías da comarca do Salnés  

• Os populares afrontan a semana previa ás eleccións do 28 de abril “con moitas gañas de traballar”, dixo, suliñando que hai moita xente que aínda non decidiu o voto.   


Rueda, acompañado polo secretario xeral do PP provincial, Xosé Manuel Cores Tourís, do candidato á Alcaldía de Meis, José Luis Pérez, e compañeiros e candidatos da comarca do Salnés, esta mañá no Mosteiro de Armenteira (Meis)

Infogauda / Meis

 O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, afirmou hoxe que “ningún voto que non vaia ao PP vai servir para evitar un Goberno de Pedro Sánchez”, lembrando que o actual presidente “non foi capaz de achegarse a Galicia” en 9 meses que leva no cargo. “Non lle interesamos, cre que aquí non ten nada que gañar e demostrouno de sobra”, dixo, durante unha visita á tradicional Romaría das Cabezas en Armenteira, no Concello de Meis.  

 En declaracións aos medios de comunicación, Rueda indicou que os populares da provincia afrontan a semana previa ás eleccións do 28 de abril “con moitas gañas de traballar para decirlle a todo o mundo que se non queren un Goberno de Sánchez o único voto posible é para o PP”, subliñando que hai moita xente que aínda non decidiu o seu voto.  

 Acompañado polo secretario xeral do PP provincial, Xosé Manuel Cores Tourís, do candidato á Alcaldía de Meis, José Luis Pérez, e compañeiros e candidatos da comarca do Salnés, Rueda destacou a gran resposta que están tendo todos os actos que está levando a cabo o partido: “Onte tivemos un mitin moi grande en Vilagarcía. Había moito tempo que non se conseguía un cheo tan grande”, suliñou.   


Alfonso Rueda, Xosé Manuel Cores Tourís, José Luis Pérez, e compañeiros e candidatos da comarca do Salnés, esta mañá na Romaría das Cabezas, en Armenteira (Meis)

“Imos seguir movilizándonos e traballando ata o último día. Respetando a todo o mundo, sin meternos con ninguén. Explicando todo o que ten que propoñer o PP, que son moitísimas cousas, e collendo forza para as eleccións municipais”, engadiu o presidente provincial.  

 Finalmente, lembrou que a Romaría das Cabezas e unha das que ten mais tradición, “das que mellor se conserva”, e mostrando a súa ledicia de que houbese tanta xente nova para manter vivas as nosas tradicións, “que nos identifican en todas partes e non se poden perder”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario