22 de abr. de 2019

A GUARDA

TURISMO

O CONCELLO BRINDA UN CURSO DE FORMACIÓN

Para a xestión da hostalería e aloxamentos turísticos na rede  


Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda abre o prazo de inscricións para un curso de formación especialmente adicado a empresas do sector turístico coma hostalaría e aloxamentos turísticos.  

 Neste curso traballarase con varias ferramentas en liña, como TripAdvisor, Booking,..., que permiten xestionar e promover na rede diferentes tipos de establecementos turísticos,  de xestión de reservas, ofertas e promoción de produtos, reputación en liña, entre outras.  

 O curso, cunha duración total de 6 horas, realizarase os mércores días 8, 15 e 22 de maio de 17:00 a 19:00 horas. 

 O prazo de inscricións estará aberto do 23 de abril ata o 3 de maio a través da Oficina de Turismo da Guarda. As persoas interesadas en participar tan só teñen que chamar ao teléfono 986 614 546 ou contactar no enderezo electrónico turismo@aguarda.es

Ningún comentario:

Publicar un comentario