9 de abr. de 2019

GOIÁN (TOMIÑO)

A BANDA DE MÚSICA DE GOIÁN CELEBRARÁ O CONCERTO DO SOCIO 

O sábado día 13 de abril ás 20.00 horas, no auditorio de Goián, baixo a batuta de Pedro Villarroel González  


 Banda de Música Agrupación Musical de Goián
Foto: C.T.

Infogauda / Goián

 O próximo sábado 13 de abril ás 20:00 horas, a Banda de Música Agrupación Musical de Goián, baixo a batuta de Pedro Villarroel González, celebrará no auditorio o Concerto do Socio.  

 Con este concerto, aberto a todo o público, a Agrupación Musical de Goián quere agradecer o apoio que o Concello de Tomiño, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Goián, as casas comerciais e todos os socios, que colaboran ao longo do ano para que a súa actividade cultural poida levarse a cabo.  

 O concerto contará coa actuación da Banda Infantil de Goián, Banda Xuvenil de Goián e Agrupación Musical de Goián.

Ningún comentario:

Publicar un comentario