Selección de Músicos e Solistas 2019 (Banda Sinfónica de Galicia)
Por Carlos Diéguez
O encontro da Banda Sinfónica de Galicia terá
lugar entre os días 5 ó 11 de Agosto en Ortigueira (A Coruña),
realizando unha xira con 3 concertos (Ribadeo, Sober, Ortigueira).
Poden participar músicos galegos a partir de 15 anos (cumpridos no 2019) e sen límite de idade.
Toda a información sobre o proxecto educativo, os obxectivos así como o organigrama pódese encontrar na web da Banda Sinfónica de Galicia.
O encontro para a xira 2019 “Música e Valores” contará con profesores colaboradores, monitores, así como actividades culturais e de ocio.
Cada
compoñente da BSG estará cuberto por un seguro de responsabilidade
civil e outro de accidente, entregándoselle ademais unha camiseta da
agrupación e un diploma no transcurso do encontro.
Todas as novidades iranse publicando a través da web e nas redes sociais.
Hai tres modalidades de participación:
- a) Asistencia ao Encontro Musical (100€)
- b) Asistencia ao Encontro Musical + Xantar (140€)
- c) Asistencia ao Encontro Musical + Pensión Completa (210€)
En todas as modalidades están incluídas as viaxes en autobús e as comidas nos desprazamentos.
A organización poñerá un número de teléfono de contacto permanente durante o encontro.
Quen pode formar parte da Banda Sinfónica de Galicia (BSG)
Poderán
formar parte dela músicos galegos ou con residencia en Galicia, a partir
de 15 anos (cumpridos no 2019) e sen límite de idade.
A Banda
Sinfónica de Galicia estará formada en torno ós 50 compoñentes (frautín,
frauta, óboe, corno inglés, fagot, requinto, clarinete, clarinete
baixo, saxofón alto, saxofón tenor, saxofón barítono, trompeta, trompa,
trombón, trombón baixo, bombardino, tuba, violoncello, contrabaixo, e
percusión).
A BSG xurde
da consolidación do proxecto da Banda Sinfónica Infantil e Banda
Sinfónica Xuvenil de Galicia, e da continuidade á labor pedagóxica que
se leva facendo dende o 2015. Para a conformación desta banda
buscaranse, ademais dos obxectivos da BSG, o valor tanto pedagóxico do
encontro, como artístico dos seus membros, inquedanzas musicais, así
como a predisposición por mellorar e de facer da práctica do instrumento
algo incorporable ó cotiá da vida.
Sede para ensaios:
Escola Municipal de Música de Ortigueira
Teatro da Beneficencia de Ortigueira
Comidas e albergue:
Restaurantes de Ortigueira
Colexio Público de Ortigueira/Escola Municipal de Música (Albergue)
Concertos:
9 de agosto, Auditorio Municipal de Ribadeo (Lugo)
10 de agosto, Auditorio Municipal de Sober (Lugo)
11 de agosto, Teatro da Beneficencia de Ortigueira (A Coruña)
Directores:
Carlos Diéguez e David Llano
Profesores colaboradores:
Directores de Banda e mestres de diferentes conservatorios e escolas de música de Galicia
Solistas:
Aberta a convocatoria de “Proxectando Sons” para participar como solista na xira da BSG.
Actividades culturais e de ocio propostas:
Visitas guiadas polos pobos e comarca nos que se realicen os concertos, Festa da Amizade, gravación de documental sobre a BSG,…
PROCESO DE SELECCIÓN
Dentro do
proceso de selección, valorarase positivamente a versatilidade ou o
dominio de instrumentos como o frautín, corno inglés, saxo tenor,
barítono, requinto ou clarinete baixo, trombón baixo.
O proceso de selección farase seguindo os seguintes apartados:
1) Por a gravación enviada (*)
2) Por versatilidade, no caso dos instrumentos anteriormente citados (marcar cada un deles no formulario de inscrición)
3) Por nivel de estudos musicais (escola/conservatorio) que realiza/realizou.
4) Por o lugar de procedencia/residencia (facendo plural e representativa no posible á Banda Sinfónica de Galicia)
5) Por un criterio de paridade entre rapaces e rapazas.
6) Ter sido seleccionado/a nos 4 encontros anteriores da BSIG/BSXG dende o 2015.
Un comité
artístico formado por profesores de conservatorios, escolas de música e o
director musical da BSG realizarán a selección dos participantes.
(*) OBLIGATORIO: Envío de Vídeo.
Os vídeos
non superarán os 5 minutos de duración, onde o/a candidato/a
interpretará unha pequena peza ou un movemento dunha obra de libre
elección. (Non é necesario o acompañamento de piano).
Pódense enviar ó email: bandasinfonicadegalicia@yahoo.es a
través de plataformas como wetransfer, link de youtube…; ou a través de
WhatsApp ó 633830540 (decindo o nome e apelidos antes do comezo da
interpretación ou adxuntando esta información).
O vídeo (ou
en información adxunta) deberá incluír o nome e apelidos do/a
candidato/a correspondente, en caso contrario desestimarse a súa
valoración.
No caso da
especialidade de percusión valorarase positivamente que a gravación de
vídeo conteña fragmentos con diferentes instrumentos tanto (láminas,
multipercusión, etc.)
As
solicitudes faranse vía internet, cubrindo o seguinte formulario de
pre-inscrición antes do 2 de xuño. Cada candidato comprométese a asistir
na súa totalidade ós ensaios e concertos programados.
O 10 de xuño
comunicarase por e-mail os resultados da convocatoria, abríndose un
prazo para formalizar a inscrición que rematará o 24 de xuño.
Realizarase unha lista reserva da que se fará uso en caso de producirse
algunha baixa. O prazo para formalizar a inscrición dos/das
candidatos/as seleccionados como reserva concluirá o 30 de xuño:
FORMULARIO DE SOLICITUDE PARTICIPACIÓN BSG 2019 (CLICK AQUI)
Proxectando Sons: Concurso de Solistas BSG
1) INSCRICIÓN:
A inscrición
realizarase online, a través do Formulario de Solicitude de
participación do encontro 2019 da Banda Sinfónica de Galicia, debendo
marcar o recadro correspondente para participar no concurso.
O prazo rematará o 2 de Xuño de 2019.
2) A QUEN VAI DIRIXIDO:
Poderán participar músicos galegos ou con residencia en Galicia, a partir de 15 anos (cumpridos no 2019) e sen límite de idade.
3) DATAS:
A primeira
fase é común á selección do envío dun vídeo para participar como músico
da BSG. O tribunal proposto pola BSG seleccionará ós/ás candidatos/as
que pasan á seguinte fase.
Esta segunda
parte, é unha audición pública. Levarase a cabo ó sábado 29 de xuño, no
Teatro da Beneficencia de Ortigueira. Nela, os/as aspirantes deberán
interpretar unha obra ou movemento, cunha duración aproximada de 8-12
minutos. Os candidatos que o desexen deberán traer o seu propio pianista
acompañante. Para os candidatos da especialidade de percusión, no caso
de ser seleccionados enviarase unha lista completa do material de
percusión proporcionado pola Escola Municipal de Música/Banda de
Ortigueira.
4) PREMIOS E CONDICIÓNS:
Ao final da
segunda fase (29 de xuño) premiarase ás dúas puntuacións máis altas,
establecendo un Primeiro Premio e un Segundo Premio.
O premio
consistirá en actuar como solista en diversos concertos da Banda
Sinfónica de Galicia, na xira “Música e Valores”. Concertos que serán
gravados nun documental.
A empresa Piccolo Music Store colabora co concurso, outorgando dous vales en material (200€ ó 1º premio, e 100€ ó 2º premio).
Finalizado o último concerto farase entrega dun Diploma acreditativo do concurso e vales en material.
As condicións que se establecen para a aceptación dos premios son:
1) Participar no encontro da BSG, como músico e solista; asistindo á totalidade de ensaios e concertos programados.
2) Proposta
unha/varias obra/s (solista e banda) cunha duración non superior ós 10
minutos, para tocar xunto á BSG nos concertos programados durante a
xira.
5) COMITÉ SELECCIONADOR E TRIBUNAL:
O tribunal estará formado por profesionais galegos no ámbito da docencia musical, xunto co comité artístico da BSG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario