A Xunta de Galicia pon á disposición das persoas maiores 418 prazas para estancias en balnearios e un talaso na provincia de Pontevedra
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visitou o balneario Baños da Brea de Vila de Cruces onde explicou que poden optar a estos días de descanso os galegos e galegas de máis de 65 anos ou de 55 que sexan pensionistas
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o balneario Baños da Brea de Vila de Cruces, onde explicou que poden optar a estos días de descanso os galegos e galegas de máis de 65 anos ou de 55 que sexan pensionistas
Foto: X.G.
Infogauda / Vila de Cruces
O delegado territorial da Xunta en
Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o balneario
Baños da Brea de Vila de Cruces, en compaña do alcalde, Jesús Otero, e
do director do establecemento, José Garaloces, onde anunciou que a Xunta
de Galicia oferta 418 prazas para estancias en 5 balnearios e un talaso
da provincia de Pontevedra ás galegas e galegos de máis idade dentro
das novas edicións dos programas de ‘Benestar en Balnearios’ e ‘Benestar
a través da Talasoterapia’.
Tal e como afirmou Cores Tourís,
“estas dúas iniciativas teñen como finalidade que as persoas maiores
desfruten do seu tempo de lecer en espazos que lles proporcionen unha
maior calidade de vida”.
O delegado territorial da Xunta en
Pontevedra apuntou que nesta provincia a Xunta pon á disposición dos
maiores de 65 anos ou de 55 que sexan pensionistas prazas no Talaso
Louxo da Toxa no Grove e nos seguintes balnearios: Acuña (Caldas de
Reis), Caldelas (Tui), Os Baños da Brea (Vila de Cruces) e Termas de
Cuntis.
No caso do programa de Benestar en Balnearios, as quendas son de 10 días, con 9 noites cada unha, e desenvolveranse entre os meses de maio e outubro. As estancias nos talasos serán de 6 días e 5 noites cada unha, e terán lugar de maio a novembro. A Xunta financia un terzo do custe das prazas e as persoas interesadas teñen ata o vindeiro día 2 de maio para presentar as súas solicitudes, poden facelo a través da sede electrónica da Xunta ou dos respectivos rexistros.
En toda a comunidade, a Xunta oferta 1.062 prazas (362 en talasos 700 en balnearios). Ademais dos establecementos pontevedreses, forman parte do programa o Thalasso Cantábrico de Viveiro e os seguintes balnearios: Baños Vellos de Carballo, Balneario de Augas Santas (Ferreira de Pantón), Termas de Lugo, Balneario do Río Pambre (Palas de Rei), Balneario de Molgas (Baños de Molgas), Gran Balneario do Carballiño-Residencia de Tempo Libre do Carballiño, Caldaria Termal de Laias (Cenlle), Lobios-Hotel Lusitano e Caldaria Termal de Arnoia.
Estes dous programas responden a catro obxectivos, xa que contribúen a mellorar a calidade de vida dos maiores, ao fomento de actitudes positivas cara o coidado da saúde e a promoción da autonomía persoal, a favorecer as relacións sociais e apostan por un sector de actividade no que Galicia é punteira.
O balneario Baños da Brea oferta, dentro
destes programas un total de 30 prazas. As súas instalacións ofrecen
augas sulfuradas, bicarbonatadas, alcalinas e clorurado sódicas, que
emanan a unha temperatura de 28 grados e que están recomendadas en
procesos reumatolóxicos, afeccións do aparato respiratorio e problemas
da pel, aínda que tamén serven para combater o estres, a fatiga física e
a psíquica. Conta con case unha trintena de traballadores e con piscina
termal, duchas, jacuzzi, baños de hidromasaxe, saunas, e zona de masaxe,
ademais de servizo hoteleiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario