3 de abr. de 2019

A GUARDA

Prestación económica de pagamento único para persoas con fillas/os menores de tres anos para o ano 2019 

A partir do día 4 de abril ábrese o prazo para solicitala 



  Infogauda / A Guarda

 O Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda informa que a partir do día 4 de abril ábrese o  prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019.  

 Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre o 01 de xaneiro de 2016 e 31 de decembro de 2017 (inclusives) e  non  tivesen obriga de presentar a declaración do IRPF do ano 2017, nin se tivese presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados.  

 O prazo para a presentación das solicitudes  rematará o día 28 maio 2019.  

 Para máis información e tramitación da axuda dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de A Guarda. O horario de atención é de  9:00 a 13:00 horas, os luns, mércores e xoves.

Ningún comentario:

Publicar un comentario