Presentación da candidatura do BNG á Alcaldía de Tui
Este venres día 29 de marzo, ás 21:00 horas, no Hotel Colón de Tui
Infogauda / Tui
O BNG de Tui presenta este venres día 29 de marzo, ás 21:00 horas, no Hotel Colón de Tui, a súa candidatura, ao governo municipal de Tui, encabezada pola médica Carme Núñez.
Dese xeito o BNG dá inicio á carreira eleitoral que pretende que acabe no governo municipal se o pobo tudense lle outorga a súa confianza nas eleicións do 26 de maio.
Desde o BNG salientan que á candidatura que preside Carme Núñez é “unha equipa forte, seria e cohesionada, xa con experiencia, que pretende continuar a labor positiva de governo truncada pola moción de censura do PP, que sumíu ao concello na inacción supondo o regreso ao pasado máis negro de governos da dereita.
Un BNG en ascenso, con cosideración social e simpatía política que está disposto a por toda a ilusión, capacidade, todo o seu potencial humano na xestión de governo”.
O acto, que será presentado pola responsábel comarcal de Galiza Nova, Ana Bernárdez, contará coas intervencións de Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Carme Da Silva, candidata número un por Pontevedra ao Congreso dos Deputados, e Carme Núñez, portavoz municipal do BNG e candidata á Alcaldía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario