26 de mar. de 2019

O ROSAL

O BNG do Rosal presentará a candidatura para ás eleccións locais  

O acto celebrarase este xoves día 28 de marzo, ás 20:30 horas, nos baixos do Concello

Contarán co apoio da alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez


Ánxela Fernández Callís, candidata do BNG á Alcaldía do Rosal

Infogauda / O Rosal

 O BNG do Rosal presentará este xoves día 28 de marzo, ás 20:30 horas, nos baixos do Concello, a candidatura coa que concorrerá ás próximas eleccións locais de maio. Será nun acto público que estará respaldado pola actual rexedora do veciño concello de Tomiño, Sandra González Álvarez.  


 A candidata nacionalista, Ánxela Fernández Callís, asegurou que presentará a un equipo de persoas que forman unha candidatura renovada, con moita xente moza, chea de ilusión, preparada e capacitada para liderar o futuro goberno municipal.   

 Dende a formación nacionalista manifestan que este acto será un punto e seguido ao traballo que levan desenvolvendo dende fai tempo, con reunións coa veciñanza, asociacións, comunidades e axentes sociais co fin de escoitar as súas preocupacións e propostas, para presentar un proxecto baseado nas necesidades reais das persoas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario